Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 18 de maio de 2000 Páx. 7.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno, na sesión do día 6 de marzo de 2000, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización da unidade de execución número 16 (U-16) do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (Muíño de Sar), promovido por Construcciones y Promociones Pepe Noya.

Así mesmo, na sesión do día 3 de abril, a Comisión de Goberno aprobou inicialmente o proxecto de compensación da citada unidade de execución, promovido pola mesma inmobiliaria.

O ámbito de actuación sitúase na confluencia da rúa de Ponte de Sar (a partir do número 39) coa rúa do Gaiás e a travesa de Ponte de Sar.

De conformidade co disposto nos artigos 44.3º e 102.4º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, os expedientes sométense a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-los expedientes na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde