A comisión de goberno, en sesión do 28-4-2000, acordou inicia-los trámites para a contratación dunha póliza de responsabilidade civil, e para tal efecto aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón xunto con este polo prazo de oito días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo seguinte cocurso público:
Entidade adxudicataria: Concello de Lalín. Praza do Concello, nº 1. 36500-Lalín. Teléfono: 986 78 06 38.
Obxecto: contratación dunha póliza de responsabilidade civil.
Orzamento: máximo 3.000.000 de pesetas para cada anualidade de vixencia do contrato de seguro.
Duración do contrato: por anualidades prorrogables ata un máximo de 10 anos.
Modalidade de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.
Garantía provisional: 2% de orzamento (60.000 pesetas).
Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello en horas de oficina, de luns a venres, e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.
Lugar e prazo de presentación de proposicións: o presente anuncio será publicado no DOG e as proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, dentro do prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio indicado e en horario de nove a trece horas; se o último día do cómputo do prazo fose inhábil, este será ampliado ata o seguinte día hábil. As ofertas manteranse durante tres meses.
Apertura de proposicións: a apertura das proposicións terá lugar na casa do concello, ás doce horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas; para estes efectos considéranse os sábados como días inhábiles.
O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.
Lalín, 8 de maio de 2000.
Camilo González Bodaño
Alcalde accidental