Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 18 de maio de 2000 Páx. 7.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se anuncia a licitación do concurso de ideas para a construcción de marquesiñas nas paradas de autobuses da Comunidade Autónoma galega, polo procedemento aberto.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concurso de ideas para a construcción de marquesiñas nas paradas de autobuses da Comunidade Autónoma galega.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total dos premios: 2.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación e o prego de prescricións técnicas poderán recollerse en:

a) Entidade: na Dirección Xeral de Transportes.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

d) Teléfono: 981 54 45 94.

e) Telefax: 981 54 43 51.

7. Data límite de inscrición: o prazo de inscrición terminará ás catorce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

8. Lista de admitidos ó concurso: a lista de admitidos ó concurso publicarase, no prazo de dez días naturais, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contados a partir do seguinte ó da data na que acabe o período de inscrición, no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Transportes.

9. Presentación do proxecto-idea e documentación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación da lista de admitidos ó concurso, publicada no taboleiro de anuncios da Dirección Xeral de Transportes.

b) Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares do concurso.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: San Caetano s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

10. Resolución do concurso: a identidade das ofertas premiadas darase a coñecer no acto público que se realizará, na Dirección Xeral de Transportes, praza de Europa 5-A (2º andar), Santiago de Compostela, o vixésimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de terminación do prazo de presentación das proposicións, ás doce horas.

11. Gastos de anuncios: por conta da Administración.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2000.

P.D. (Orde 25-10-1983)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes