Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 18 de maio de 2000 Páx. 7.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 22 de marzo de 2000, do recadador de zona da Coruña, polo que se notifica o expediente de constrinximento contra o debedor que se sinala no anexo.

O recadador da Xunta de Galicia, titular da zona da Coruña, por medio do presente anuncio, fai saber que se segue nesta oficina expediente de constrinximento contra o debedor que se sinala na lista que se xunta. No devandito expediente dictouse a dilixencia de embargo sobre o ben que aparece como propiedade do debedor; dilixencia que non puido ser notificada ó interesado malia os intentos feitos nese sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Todo o dito en cumprimento dos artigos 110 e seguintes (capítulo IV-título I) do vixente Regulamento xeral de recadación.

Do presente embargo tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Xunta de Galicia.

O que se publica para os efectos de notificación coa advertencia de que o interesado poderá presentar recurso de reposición no prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta publicación, perante o Servicio Central de Recadación da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo San Caetano, de Santiago de Compostela, ou reclamación económico-administrativa perante o tribunal da devandita xurisdicción, sen que poidan simultanearse ámbolos recursos.

A Coruña, 22 de marzo de 2000.

Nazario Villalva Montero

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

InteresadoNIFData

dilixencia

Descrición

do ben

Cabinas Lago, S.A.A-1527633020-3-2000Vehíc. Peugeot 405-1.7 DT, C-6962-AZ