Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Xoves, 18 de maio de 2000 Páx. 7.816

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 15 de maio de 2000 pola que se determinan os servicios mínimos que hai que manter durante a folga convocada polas empresas Ideal Auto, S.A., Transportes Finisterre, S.A. e Trolebuses Coruña-Carballo, S.A.

Ante a convocatoria de folga presentada polas empresas Ideal Auto, S.A., Transportes Finisterre, S.A. e Trolebuses Coruña-Carballo, S.A. a partir das cero horas do día 4 de maio de 2000, con carácter indefinido, tódolos xoves e venres de cada semana, procede que, de conformidade co establecido no artigo 3 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, esta consellería determine os servicios mínimos que permitan, en sintonía co establecido no artigo 28.2º da nosa Constitución, compaxina-lo exercicio lexítimo dereito á folga dos traballadores co mantemento dos servicios esenciais á Comunidade.

Esta orde díctase para efectos de rectifica-los erros advertidos nos horarios das expedicións que figuran na Orde do 3 de maio de 2000 publicada no Diario Oficial de Galicia nº 86, do 5 de maio.

Na súa virtude, e de conformidade co establecido no Decreto 6/1985, do 18 de abril, e no Decreto 155/1988, do 9 de xuño,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Os servicios mínimos que deberán manterse durante a folga convocada polas empresas Ideal Auto, S.A., Transportes Finisterre, S.A. e Trolebuses Coruña-Carballo, S.A., serán as seguintes:

A) Servicios concesionais:

1. Concesión V-7030; XG-404.

Concesionario: Ideal Auto, S.A.

* Ferrol-A Coruña (por autoestrada).

Saída de Ferrol: 7.30 h e 18.30 h.

Saída da Coruña: 7.30 h e 19.30 h.

* Ferrol-A Coruña: (polas Pías-A Gallada-Pedrido):

Saída de Ferrol: 7 h e 19 h.

Saída da Coruña: 9 h e 21 h.

* Ferrol-A Coruña (por Neda-A Gallada-Pedrido):

Saída de Ferrol: 8 h e 20 h.

Saída da Coruña: 8 h e 20 h.

* Ferrol-As Somozas (por Ferreira).

Saída das Somozas: 6.40 h.

* Ferrol-Ares (por Mugardos):

Saída de Ares: 18.05 h.

* Ferrol-Mugardos:

Saída de Ferrol: 8 h e 19 h.

* Ferrol-Ares:

Saída de Ferrol: 6.30 h (parador) e 19.30 h.

Saída de Ares: 7.50 h.

* Ferrol-Ares-Mugardos:

Saída de Mugardos: 8.35 h, 18.35 h e 20.30 h.

* Ferrol-Mugardos (polo Seixo):

Saída de Ferrol: 22.30 h.

* Chanteiro a Ferrol:

Saída de Chanteiro: 7.30 h.

* A Coruña-Ourense (por Melide):

Saída da Coruña: 8 h.

Saída de Ourense: 8 h e 19 h.

* Ferrol-A Coruña-Lalín-Ourense:

Saída de Ferrol: 8.30 h.

* Santiago de Compostela a Burela:

Saída de Burela: 6.40 h.

Saída de Santiago de Compostela: 19.30 h.

* A Coruña-Sobrado (por A-9 Montesalgueiro e A Castellana:

Saída da Coruña: 18 h.

Saída de Sobrado: 7.45 h.

* A Coruña-Betanzos (por A-9):

Saída da Coruña: 19.30 h.

Saída de Betanzos: 19 h.

* A Coruña-Betanzos:

Saída da Coruña: 7 h (Pol. Bergondo), 8 h, 19 h e 21 h.

Saída de Betanzos: 7 h, 8 h, 19 h e 21 h.

* Ponte da Pedra-Miño-Betanzos-A Coruña:

Saída da Ponte da Pedra: 7 h.

* A Coruña-Viveiro (polas Pontes):

Saída de Viveiro: 6.30 h.

Saída da Coruña: 18 h.

* A Coruña-Viveiro (por Pedrido-Laraxe e As Pías):

Saída da Coruña: 6.30 h.

Saída de Viveiro: 19.30 h (por Betanzos).

* Ferrol-Santiago de Compostela (por autovía en Cabanas):

Saída de Ferrol: 6.35 h e 19 h.

Saída de Santiago de Compostela: 19.30 h.

* Ferrol-Santiago de Compostela (por autoestrada en Guísamo):

Saída de Ferrol: 8 h.

Saída de Santiago de Compostela: 18.30 h.

* Ferrol-Viveiro:

Saída de Ferrol: 19 h.

* Ortigueira-Ferrol:

Saída de Ortigueira: 6.45 h.

2. Concesión: V-3044; C-LU-114.

Concesionario: Ideal Auto, S.A.

* Lugo-A Coruña (por autovía):

Saída de Lugo: 8 h e 20.30 h.

Saída da Coruña: 8 h e 18.30 h.

* Ribadeo-A Coruña (por Mondoñedo-Vilalba e autovía):

Saída da Coruña: 8 h.

Saída de Ribadeo: 18.15 h.

* Ribadeo-A Coruña (por Meira e Lugo):

Saída de Ribadeo: 8.45 h.

Saída da Coruña: 18.15 h.

* Lugo-Ribadeo:

Saída de Lugo: 19.45 h.

* Lugo-Viveiro (por Gaibor- Vilalba e Foz):

Saída de Viveiro: 7.30 h.

Saída de Lugo: 18 h.

* Lugo-Viveiro (por Foz):

Saída de Lugo: 9.15 h.

3. Concesión: V-1663; XG-108.

Concesionario: Ideal Auto, S.A.

* Ferrol-Lugo:

Saída de Ferrol: 7.30 h.

Saída de Lugo: 18.30 h.

* Vilalba-Baamonde-Cabra-Guitiriz-Parga-Baamonde-Lugo:

Saída de Lugo: 7 h.

4. Concesión: V-7026/1; XG-400.

Concesionario: Ideal Auto, S.A.

* Santiago de Compostela-Ribeira, por Araño:

Saídas de Santiago de Compostela: 8 h e 18 h.

Saídas de Ribeira: 7.30 h e 20 h.

* Santiago de Compostela-Campus-Ribeira-Aguiño:

Saída de Aguiño: 7 h.

Saída de Santiago de Compostela: 21.15 h.

* Santiago de Compostela-Aguiño, por Lestrove e Araño:

Saída de Aguiño: 6 h.

Saída de Santiago de Compostela: 20 h.

* Santiago de Compostela-Aguiño por Araño:

Saída de Santiago de Compostela: 7 h.

* Santiago de Compostela-Rianxo (por Burres e Lestrove):

Saída de Rianxo: 8 h e 20 h.

Saída de Santiago de Compostela: 7 h.

* Santiago de Compostela-Rianxo (por Lestrove e Leiro)

Saída de Santiago de Compostela: 18.30 h.

Saída de Rianxo: 7.30 h.

* Santiago de Compostela-Ribeira-Aguiño (por vía rápida e autoestrada):

Saída de Aguiño: 7 h.

5. Concesión: V-1682; XG-112.

Concesionario: Trolebuses Coruña Carballo, S.A.

* A Coruña-Suevos:

Saídas da Coruña: 7.15 e 20.15 h.

Saídas de Suevos: 7.45 h e 19.45 h.

* A Coruña-Loureda:

Saídas da Coruña: 7.20 h e 18.30 h.

Saídas de Loureda: 7 h e 19.15 h.

* A Coruña-Boedo:

Saídas da Coruña: 8 h e 19.15 h.

Saídas de Boedo: 9 h e 20.15 h.

6. Concesións: V-1574;XG-097, V-3324;XG-371, V-7009; XG-383.

Concesionario: Transportes Finisterre, S.A.

* Anzobre-A Coruña:

Saída de Anzobre: 8.10 h.

Saída da Coruña: 19.25 h.

* A Coruña-Muxía:

Saída de Muxía: 7 h.

Saída da Coruña: 18 h.

* A Coruña-Muros:

Saída de Muros: 6.45 h.

Saída da Coruña: 18.30 h.

* A Coruña-Fisterra:

Saídas da Coruña: 8.15 h e 19.10 h.

Saída de Fisterra: 7.30 e 18.45 h.

* A Coruña-Camariñas:

Saída da Coruña: 18.30 h.

Saída de Camariñas: 6.30 h.

* A Coruña-Malpica de Bergantiños:

Saída de Malpica: 8 h.

Saída da Coruña: 19 h.

* A Coruña-Corme:

Saída da Coruña: 20.30 h.

Saída de Corme: 7.10 h.

* A Coruña-Pino de Val-Oliveiroa:

Saída de Oliveiroa: 7.30 h.

Saída da Coruña: 17.45 h.

* A Coruña-Borneiro:

Saída de Borneiro: 6 h.

Saída da Coruña: 19.30 h.

* A Coruña-Carballo:

Saída de Carballo: 7 h e 19.30 h.

Saída da Coruña: 8 h e 20.30 h.

* A Coruña-Anzobre:

Saída da Coruña: 19.15 h.

Saída de Anzobre: 8 h.

* A Coruña-Arteixo:

Saída de Arteixo: 8.45 e 19 h.

Saída da Coruña: 7.45 h.

* Grixoa-Santiago de Compostela:

Saída de Grixoa: 6.30 h.

Saída de Santiago de Compostela: 19.30 h.

* Fisterra-Santiago de Compostela:

Saída de Fisterra: 16 h.

Saída de Santiago de Compostela: 8 h.

* Santiago de Compostela-Fisterra (por Baio):

Saída de Santiago de Compostela: 16 h.

Saída de Fisterra: 7 h.

B) Servicios regulares de uso especial para transporte de obreiros.

Tódolos servicios nas expedicións anteriores ás 9 horas e posteriores ás 18 horas.

C) Servicios regulares de uso especial para transporte de escolares e estudiantes.

Deberán manter tódolos servicios de escolares e estudiantes nas expedicións normalmente establecidas de luns a venres.

Artigo 2º

O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde, será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable ós diversos colectivos.

Artigo 3º

O disposto na presente orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal da dita actuación.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 3 de maio de 2000 publicada no Diario Oficial de Galicia do 5 de maio.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2000.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda