Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 17 de maio de 2000 Páx. 7.780

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARMAIOR

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilarmaior.

2. Obxecto do contrato: apertura e afirmado do camiño de Muíño das Ferreñas.

3. Prazo de execución: seis meses.

4. Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 4.580.742 pesetas (co IVE), 27.530,81 euros.

6. Garantías. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: vinteseis días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas (BOP do 3 de abril de 2000).

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello de 9 a 13 horas.

8. Apertura das ofertas.

a) Data: ó terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, agás sábados.

b) Hora: ás trece horas.

9. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Vilarmaior, 18 de abril de 2000.

José Benito Souto Lourido

Alcalde-presidente