Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 17 de maio de 2000 Páx. 7.773

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 14 de abril de 2000, do Servicio de Informes e Recursos, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00092-I-2000 e DX-00109-I-2000).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último domicilio coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores, que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos que o consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE de 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 14 de abril de 2000.

Alberto Eiras Martínez

Xefe do Servicio de Informes e Recursos

ANEXO

Expediente: DX-00092-I-2000.

Denunciante: contratante. I01SSXU33259032.

Denunciado: Aitena, S.A.

Último enderezo coñecido: Avda. Fuentemar, 29-21, 280 Madrid.

Feito denunciado: en escrito de data de rexistro de saída 25-1-2000, requiriuse a Antonio López Seoane, como titular do vehículo C-9379-P para que remitise entre outra documentación copia das facturas emitidas polos portes realizados no mes de outubro de 1999 co citado vehículo. En escrito de data 9-2-2000 achega factura nº A0990007 de data 31-10-1999 por portes realizados a Aitena, S.A. consultado o rexistro xeral de transportistas e de empresas de actividades auxiliares e complementarias do transporte constátase que a autorización do citado vehículo esta dada de baixa desde o 31-10-1998; os feitos descritos son constitutivos dunha infracción leve pola contratación de transporte con transportista non autorizado.

Data: 8-3-2000.

Hora: 13.02.32.

Precepto infrinxido: artigo 141,M) da Lei 16/1987.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/1990.

Sanción proposta: 46.000 ptas.

Expediente: DX-00109-I-2000.

Matrícula: C-8683-M.

Denunciante: 3326014268A7286.

Denunciado: Excavaciones Lugo, S.L.

Último enderezo coñecido: polígono industrial Sigelsa, s/n, 27370 Rábade (Lugo).

Feito denunciado: realizar transporte de mercadorías (terra) co vehículo matrícula C-8683-M (vehículo ríxido de 3 eixes) que está provisto dunha autorización da clase MDP-local, o citado vehículo ten un PMA de 26.000 kg, e presenta un peso total en báscula de 28.850 kg, o que supón realizar transporte cun exceso de peso de 2.850 kg, que representa un 10% de exceso sobre o PMA do vehículo.

Data: 21-3-2000.

Hora: 15.37.

Estrada: N-VI.

p.k.: 448.

Precepto infrinxido: artigo 200.3º do Real decreto 1211/1990.

Precepto sancionador: 143 Lei 16/1987, 201 Real decreto 1211/1990.

Sanción proposta: 75.000 ptas.