Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.743

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2000 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, declarado de urxencia, a redacción do proxecto básico e de execución das obras de ampliación do CEIP Bispo Guerra Campos de Bertamiráns-Ames (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento.

2. Obxecto do contrato.

2.1.a) Descrición do obxecto: redacción do proxecto básico e de execución da obra de ampliación do CEIP Bispo Guerra Camposen Bertamiráns-Ames (A Coruña).

b) Prazo de execución ou data límite de entrega: 30 días.

c) Orzamento base de licitación.

Importe total: 2.712.744 pesetas. (16.303,92 euros).

d) Fianza provisional: ver prego.

e) Clasificación: non é necesaria.

3. Obtención de documentación e información.

3.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (oficina información).

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

3.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 59 23 93.

b) Enderezo: r/Nova, nº 12, local 4. Santiago de Compostela (A Coruña).

4. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación.

1ª Entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Enderezo: edificio Adtvo. San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución de adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): ver prego.

5. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas)

b) Domicilio: edificio administrativo. San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela

d) Data: o cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: a partir das 12 horas.

6. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2000.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria