Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2000 Páx. 7.669

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 14 de abril de 2000 pola que se autoriza a posta en funcionamento do Conservatorio Profesional de Música dependente do Concello de Arzúa (A Coruña), para impartir ensinanzas correspondentes ós graos elemental e medio.

Polo Decreto 36/2000, do 18 de febreiro (DOG do 29) créase o Conservatorio de Música de graos elemental e profesional dependente do Concello de Arzúa.

Vistos os informes da Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña e tendo en conta a disposición derradeira primeira do mencionado Decreto 36/2000, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la posta en funcionamento do Conservatorio de Música do Concello de Arzúa (A Coruña), para impartir ensinanzas correspondentes ós graos elemental e profesional, segundo os datos que figuran no anexo.

Segundo.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala esta orde.

Disposición derradeira

A posta en funcionamento producirá efectos a partir do curso escolar 2000-2001.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Arzúa.

Enderezo: r/Santiago, nº 160.

Código: 15032078.

Titular: Concello de Arzúa.

Denominación: Conservatorio Profesional de Música de Arzúa.

Postos escolares:-Grao elemental: 80.-Grao medio: 180.