Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2000 Páx. 7.661

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 19/1999).

A comisión de goberno municipal, en sesión do día 31 de marzo de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente as bases e estatutos presentados pola comisión xestora do APE H3,01 (Pelamios) do plan xeral de ordenación municipal vixente.

Segundo.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, advertindo de que poderán solicita-la incorporación á xunta de compensación no prazo dun mes contado a partir da presente notificación, mediante escrito presentado ante a propia comisión xestora ou ante este concello.

Terceiro.-Ordena-la publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente, segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora e, no seu nome a Xosé Miguel Vázquez García como secretario dela, para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

Cuarto.-Adverti-la comisión xestora de que unha vez vencido o prazo dun mes ó que se refire o punto segundo precedente, e logo de declaración de firmeza que será realizada por esta administración, deberá proceder á constitución da xunta de compensación, con citación dos propietarios que solicitasen a súa incorporación, para o que dispoñen dun prazo de tres meses contados desde a citada declaración de firmeza.

Quinto.-Designar como representación municipal no órgano rectos da xunta o xefe de xestión do Servicio de Urbanismo, Carlos Hernández López.

Sexto.- Requiri-la comisión xestora e, no seu nome a Xosé Miguel Vázquez García para que ingrese na caixa municipal, en concepto de depósito previo correspondente á liquidación da taxa pola tramitación do expediente, que ascende á cantidade de oitenta e sete mil seiscentas vinte (87.620) pesetas, advertíndoo de que, sen a xustificación de ter ingresado a devandita cantidade, non se poderá dar trámite o proxecto de compensación.

O que se publica para xeral coñecemento, indicando que contra este acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte á súa publicación. Non obstante, pode interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía-Presidencia no prazo dun mes e contra a súa desestimación poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o TSXG no prazo de dous meses, se a resolución fora expresa, e noutro caso, no de seis meses contados a partir da desestimación presunta do recurso de reposición, isto é, a partir do mes de telo interposto.

A Coruña, 5 de abril de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Alcalde