Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2000 Páx. 7.659

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, do contrato de asistencia consistente na redacción de proxecto básico da obra de construcción de 24 vivendas, garaxes e rochos en Rianxo, provincia da Coruña. (Expediente C-2000/010).

Obxecto: redacción de proxecto básico da obra de construcción de 24 vivendas, garaxes e rochos en Rianxo. A Coruña.

Orzamento: dous millóns oitocentas noventa e nove mil setecentas trinta e unha (2.899.731) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: dous (2) meses.

Clasificación: exenta.

Garantía provisional: dispensada en aplicación do artigo 36 da LCAP.

Garantía definitiva: catro por cento (4%) do importe da adxudicación.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación, estarán de manifesto ós interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do IGVS, ás dez (10) horas do décimo primeiro (11) día natural contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reuniríase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax 981 54 19 02 no mesmo día.

Obtención da documentación:

-Copistería Copy Nino. Enderezo: Xeneral Pardiñas, 2. Santiago de Compostela. Teléfono: 981 58 89 38.

-Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación a través de Internet, no enderezo: http://www.xunta.es/auto/igvs/index.htm.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2000.

P.D. (Resolución 6-4-1995)

José Antonio Redondo López

Director xeral do Intituto Galego da Vivenda

e Solo