Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2000 Páx. 7.647

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público, procedemento aberto e trámite de urxencia, para a realización dun contrato de servicios para soporte, configuración e control dos sistemas hardware e software de base das redes de área local da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

c) Número de expediente: SXCA 6/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: soporte, configuración e control dos sistemas hardware e software de base das redes de área local da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Lugar de execución: nas dependencias da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

d) Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 19.500.000 ptas. (117.197,36 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: 390.000 ptas.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 44 28.

e) Telefax: 981 54 54 43.

f) Enderezo Internet: www.xunta.es/conselle/ceoug/sx/index.htm.

g) Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: os especificados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en domingo ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo, conforme o establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

2. Domicilio: edificio administrativo San Caetano s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de universidades).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15704.

d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións. De coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2000.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de

Educación e Ordenación Universitaria