Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.575

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN de 4 de maio de 2000 pola que se anuncia concurso para a contratación da obra unidade de convivencia número 2 do centro residencia Fogar da C.I. Príncipe Felipe.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación, por procedemento aberto, mediante concurso, trámite de urxencia, da referida obra por importe de 12.568.283 pesetas.

Fianzas: Definitiva do 4% do tipo de licitación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no pazo provincial, ás 10.30 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación de Pontevedra. Teléfono: 986 80 41 01.

Pontevedra, 4 de maio de 2000.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado