Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARES

EDICTO.

Aprobada con carácter inicial por resolución da Alcaldía-presidencia, con data do 12 abril de 2000, o estudio de detalle de iniciativa privada presentado por Agustina Prian González para o sinalamento de aliñacións e rasantes no predio da súa propiedade si na Avenida da Paz, na zona coñecida como A Granxa, redactado por Ángel Delgado Cid, enxeñeiro de camiños, canles e portos, colexiado nº 4.567, faise público, ó abeiro dos artigos 34 e 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia e 140 do Regulamento de planeamento urbanístico

Primeiro: suspéndese o outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición na zona delimitada polo estudio de detalle, polo prazo dun ano, aínda que a dita suspensión se extinguirá coa aprobación definitiva do estudio de detalle.

Segundo: sométese a información pública durante o prazo dun mes esta aprobación inicial, mediante anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia, no BOP e nun xornal dos de maior tirada da provincia para efectos de alegacións.

Ares, 12 de abril de 2000.

José Manuel Cendán Fernández

Alcalde-presidente