Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 6 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador PAN 17/1999, por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que o expedientado poida ter coñecemento do seu contido, notifícase a proposta de resolución do expediente sancionador nº PAN 17/1999, por infraccións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.

Fáiselle saber, así mesmo, o dereito que a asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días, contados desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 6 de abril do 2000.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PAN nº 17/1999.

Denunciada: Aurora Collazo Mos.

Último enderezo coñecido: Confitería Bernarcolla. Travesía de Vigo, nº 94-interior. Vigo.

Feito denunciado: impedi-lo desenvolvemento correcto nas tarefas de inspección.

Precepto infrinxido: punto 2º.1.1., do artigo 2, en relación co artigo 14.1º, do R.D. 1945/1983, do 22 de xuño.

Precepto sancionador: D. 157/1985, do 11 de xullo.

Sanción imposta: 500.001 ptas.