Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.556

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/8-2, 5273 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Deputación Provincial de Lugo.

Domicilio social: r/ San Marcos, nº 8, 27001 Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. subterránea para club naútico de Doade.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV de 1.889 m de lonxitude en conductor LA-110. C.T. de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. Liña baixa tensión subterránea de 50 m de lonxitude en conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 3 de abril de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo