Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.550

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 12 de abril de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan acordos de concesión de aprazamentos ou fraccionamentos, pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Martínez Almeida Fernández, Carlos e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse: acordos de concesión de aprazamentos ou fraccionamentos, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación dos artigos 82, 83 e 84 do vixente Regulamento de imposto sobre sucesións e doacións, aprobado polo Real decreto 1629/1991, do 8 de novembro.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con domicilio na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 12 de abril de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Martínez Almeida Fernández, Carlos

DNI: 36.121.109T

Torrecedeira, 94, 2º Esq.

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Exp.: 1273/96. Doc.: 002960011148

Martínez Almeida Fernández, Rafael

DNI: 36.063.723E

Torrecedeira, 94 2º Esq.

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Exp.: 1273/96. Doc.: 002960011147

Martínez Almeida Fernández, Santiago

DNI: 36.156.119G

Torrecedeira, 94, 2º Esq.

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Exp.: 1273/96. Doc.: 002960011149