Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.549

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

CÉDULA de notificación (203/1999).

Procedemento: xuízo de faltas 203/1999-J.

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas referenciado se dictou sentencia co encabezamento e a resolución que din:

Sentencia número 151/1999. Encabezamento: en Carballo o 9 de setembro de 1999.

Carmen Caramés Millán, xuíza do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción número dous dos deste

partido, viu estes autos de xuízo de faltas número 203/1999, seguido por presunta falta de ameazas e vexación inxusta e actuando como partes María Josefa Mato Veiga, denunciante, e Miriam Camara Diakite, denunciada.

Resolución: que debo absolver e absolvo a Miriam Camara Diakite da falta de ameazas e vexación inxusta pola que se seguiu este xuízo, todo iso con declaración de oficio das custas procesuais.

Esta sentencia non é firme, cabe contra ela recurso de apelación que se interporá para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa.

E para que conste, para os efectos oportunos, e lles sirva de notificación en legal forma a Miriam Camara Diakite, que se atopa actualmente en ignorado paradoiro, expido esta cédula que asino en Carballo o 19 de abril de 2000.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado