Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.548

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativos á baremación da fase de concurso.

O número 7 da base sexta B) da resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 9, do 15 de xaneiro de 1999) pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que, realizada polos tribunais a baremación correspondente da fase de concurso, se publicará no Diario Oficial de Galicia con indicación da puntuación obtida por cada aspirante no epígrafe de experiencia e no de formación, así como a valoración total da fase de concurso para os efectos de que os aspirantes que o consideren oportuno poidan presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita baremación.

Xa que logo, os tribunais das categorías de ATS/DUE, logopeda, fisioterapeuta, matrona, traballador social, TEL, TER, TEAP, hixienista dental, cociñeiro, auxiliar de enfermería, celador e pinche teñen rematada a súa baremación polo que, comisionado este centro directivo para a publicación do dito anuncio,

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-las puntuacións obtidas polos aspirantes das devanditas categorías nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Sergas e nos dos seus centros de xestión de atención primaria e especializada, relativas á baremación da

fase de concurso, no epígrafe de experiencia e no de formación, así como a súa valoración total, indicando ademais, de se-lo caso, a puntuación adicional que lle corresponde ós aspirantes que acceden pola quenda de promoción interna.

Así mesmo, publícase a relación de aspirantes excluídos da fase de baremación polo incumprimento do disposto nas bases segunda e sexta B), números 1, 4 e 5, da devandita convocatoria.

Segundo.-Publicar, así mesmo, xunto con esta resolución, o acordo do tribunal de auxiliar de enfermería que, a título informativo, son aclaratorios da aplicabilidade os criterios seguidos neste proceso de baremación.

Terceiro.-Abri-lo prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para que os ditos aspirantes poidan presentar, de se-lo caso, reclamación contra a puntuación outorgada nesta baremación, dirixida a:

División de Recursos Humanos do Sergas.

(Oferta de persoal estatutario/ fase de baremación).

San Lázaro, s/n. 15703 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos