Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.540

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 28 de abril de 2000 sobre revisión de prezos e tarifas máximas por servicios concertados de transporte sanitario.

O Real decreto 1679/1990, do 28 de decembro, polo que se aproban as transferencias á Comunidade

Autónoma galega das funcións e servicios do Instituto Nacional da Saúde, establece como unha das súas funcións a actualización dos concertos coas entidades e institucións sanitarias ou asistenciais que presten servicio na Comunidade Autónoma.

A Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, reformada pola Lei 8/1991, do 23 de xullo, do Servicio Galego de Saúde (en diante Sergas), establece no seu artigo 4 d) como competencia da Consellería de Sanidade (na actualidade Consellería de Sanidade e Servicios Sociais polo Decreto 347/1997, do 9 de decembro), aproba-los módulos económicos para a prestación dos servicios concertados, así como a súa modificación e revisión.

A orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 11 de maio de 1999, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 95, do día 20 de maio de 1999, establecía as normas para a revisión de prezos e tarifas máximas por servicios concertados de transporte sanitario para 1999. Tendo en conta a evolución de índices de prezos en 1999 e as previsións para o ano 2000, resulta necesaria a actualización das condicións económicas dos concertos actualmente vixentes, así como a das tarifas máximas establecidas para as diferentes modalidades de servicios.

En virtude de todo isto, por proposta da División de Recursos Económicos,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Ambulancias medicalizadas. Tipo III.

1. As tarifas máximas aplicables no ano 2000 para o traslado de pacientes nesta modalidade de transporte serán as seguintes:

PesetasEuros

Por cada servicio urbano:

Se o médico e ATS son persoal

da empresa concertada36.123217,104

Se o médico e ATS son persoal

do Sergas28.600171,889

Por cada servicio interurbano:

Se o médico e ATS son persoal

da empresa concertada, por km 215 1,292

Se o médico e ATS son persoal

do Sergas, por km 138 0,829

2. Nos servicios interurbanos as distancias en km contabilizaranse desde a base.

3. As tarifas dos concertos vixentes con anterioridade á entrada en vigor desta orde revisaranse aplicando sobre as tarifas de cada concerto o 2,9 por 100 de aumento para cada modalidade de servicio, sempre que as tarifas resultantes non sexan superiores ás tarifas máximas establecidas neste artigo.

Artigo 2º.-Ambulancias básicas e asistenciais. Tipos I e II.

1. As tarifas máximas aplicables durante o ano 2000 ó traslado de pacientes nesta modalidade de transporte serán as seguintes:

TransporteTransporte

Non urxenteUrxente

PesetasEurosPesetasEuros

Servicios interurbanos:

Por cada quilómetro 62,5 0,376 68 0,409

Servicios urbanos:

Por cada servicio urbano-En poboacións de máis

de 200.000 habitantes1.88111,3052.06012,381-En poboacións de ata

200.000 habitantes1.3297,9871.4578,757

2. O cómputo dos km en servicios interurbanos realizarase tal como se define no punto 2 do artigo 1º desta orde.

Artigo 3º.-Tempo de espera.

PesetasEuros

1. Por cada hora: 1.781 10,704

2. No caso de que a ambulancia sexa medicalizada tipo III, se o médico e ATS son persoal da empresa concertada

PesetasEuros

Por cada hora:4.13824,870

3. O tempo de espera, para o efecto de aplicación das tarifas fixadas por esta orde, computarase cando se lle advirta ó conductor da ambulancia a necesidade de regreso do paciente, para traslados interurbanos distantes máis de 40 km; aboarase a tarifa establecida por horas completas desde a primeira hora de espera, incluíndo esta e ata un máximo de 4 horas e non se aboarán tempos de espera por períodos inferiores a 60 minutos.

Os concertos vixentes que non incorporasen este concepto nos seus contratos requirirán a aceptación expresa da empresa concertada para a súa incorporación.

Artigo 4º.-Vehículos de traslado colectivo sanitario.

1. Transporte colectivo interurbano. As tarifas máximas para os novos concertos que se subscriban no ano 2000, polo traslado de pacientes nesta modalidade de transporte, serán as seguintes:

1.1. Importe fixo mensual: 284.375 ptas. vehículo (1.709,128 euros). Este importe aboarase por cada mes que o vehículo preste os seus servicios por requirimento das direccións provinciais do Sergas, e inclúe a realización polo vehículo dun mínimo de 75 servicios mensuais, considerando como servicio o traslado dun paciente desde o seu domicilio a un centro asistencial e o retorno.

1.2. Importe por quilómetro: 56,5 ptas. (0,340 euros). Este importe aboarase polos quilómetros percorridos diariamente, calquera que sexa o número de pacientes trasladados; non se computarán os percorridos en balde e determinarase o número de km segundo as distancias máis curtas entre as localidades da ruta, reflectidas no mapa oficial de estradas, editado polo Ministerio de Fomento.

1.3. Importe por servicio adicional: 394 ptas. (2,368 euros). Este importe aboarase polos servicios realizados que superen os 75 mensuais establecidos no punto 1.1 e coa mesma definición.

2. En atención ás necesidades asistenciais concretas, a División de Asistencia Sanitaria poderá propoñe-la concertación de servicios de traslado colectivo sanitario de pacientes no medio urbano, logo da determinación das tarifas aplicables en cada caso.

Artigo 5º.-Incremento de tarifas.

As tarifas dos concertos vixentes á entrada en vigor desta orde poderanse incrementar nun 2,9 por 100, sempre que non superen as tarifas máximas establecidas nos artigos 1º, 2º, 3º e 4º. Igualmente, poderanse incrementar na porcentaxe máxima do 2,9 por 100 os concertos de transporte sanitario subscritos polo Sergas distintos dos sinalados nos anteriores artigos.

Artigo 6º.-Concertos de transporte con orzamento fixo.

Dentro do plan asistencial de transporte sanitario de cada provincia e cando o Sergas o considere necesario para garanti-lo servicio de transporte sanitario, calquera que sexa a súa modalidade en determinadas poboacións, poderase contratar mediante o establecemento dunha contraprestación económica, consistente nun canon fixo mensual.

Este canon calcularase en función da previsión de servicios que se van realizar e do número posible de pacientes usuarios, así como das distancias existentes ós centros de tratamento.

A contraprestación que se estableza non poderá supera-las tarifas vixentes con carácter xeral. As condicións administrativas e económicas deberán ser aprobadas polo Sergas.

As condicións económicas dos concertos de transporte con orzamento fixo revisaranse de acordo co previsto en cada concerto.

Para efectos do previsto no artigo 160 2º.F da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, segundo redacción dada a esteo polo artigo 72.2º da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, os concertos de transporte con orzamento fixo, que sexan subscritos ou renovados a partir da entrada en vigor desta orde terán a consideración de contratos marco, respecto ó transporte sanitario do seu ámbito territorial de aplicación.

Artigo 7º.-Normas de procedemento.

1. A aplicación da revisión de tarifas dos concertos vixentes o 31 de decembro de 1999 realizarase automaticamente polo Sergas, con efectos desde o día 1 de xaneiro de 2000.

Para os concertos subscritos con posterioridade á dita data, a efectividade da revisión será desde a data da súa formalización.

Ós concertos autorizados conforme as tarifas máximas establecidas para 1999 e que se atopen en fase de formalización á entrada en vigor desta orde, seranlles de aplicación as normas de revisión que se establecen unha vez formalizados.

Non obstante, aqueles concertos de transporte que se formalizaron en 1999 coas tarifas de 1998 e non se actualizaron durante 1999 poderán ser revisados co incremento correspondente a 1999 e 2000, acumulado.

Nas autorizacións de uso temporais a tarifa aplicable será a que expresamente sexa aceptada pola empresa para o período da súa vixencia. Non obstante, a partir da data da entrada en vigor desta orde, as tarifas máximas autorizadas serán as incluídas nela.

2. Para axiliza-la aplicación inmediata desta norma deberase observa-lo seguinte procedemento:

2.1. Os directores provinciais ou, se é o caso, os directores xerentes dos hospitais do Sergas, no prazo máximo dun mes a partir da data de publicación desta disposición, formularán unha nota dilixencia por cada concerto vixente na súa provincia ou no seu centro hospitalario, na que se faga consta-la contía do incremento e os novos prezos resultantes por cada unha das prestacións ou servicios que a empresa teña validamente concertados, así como a data a partir da cal se adquira o dereito ó incremento. O contido desta dilixencia será comunicado por calquera medio que permita deixar constancia ó representante legal da empresa concertada, outorgándolle un prazo máximo de vinte días para presentar escrito de conformidade ou, se é o caso, alegacións de desconformidade.

2.2. Se durante o prazo indicado non se producise ningunha comunicación por parte da empresa concertada ou se recibira escrito de conformidade desta, o director provincial ou director xerente remitirá a nota dilixencia sen asinar á Intervención Territorial Delegada para a súa preceptiva fiscalización. Unha vez intervida favorablemente, o director provincial ou director xerente emitirá resolución, elevando a definitiva a revisión proposta.

Esta resolución, xunto cun exemplar da nota dilixencia, remitirase á empresa concertada por calquera medio que permita deixar constancia, á División de Asistencia Sanitaria, á Intervención Territorial e á Subdirección Xeral de Orzamentos da División de Recursos Económicos.

2.3. Sen prexuízo dos recursos que ó respecto poidan presentarse, a dirección provincial ou o centro hospitalario procederá a efectua-las liquidacións de atrasos correspondentes e a tramita-las sucesivas facturacións coas novas tarifas.

2.4. Se durante o prazo citado de vinte días se produce escrito de desconformidade por parte da empresa concertada, a dirección provincial ou o centro hospitalario elevará o expediente á División de Recursos Económicos para a resolución que proceda.

Artigo 8º

Os servicios de Inspección velarán polo correcto cumprimento das obrigas das empresas concertadas

e, en particular, das que se refiren ó tratamento adecuado dos pacientes da Seguridade Social.

Artigo 9º

As tarifas establecidas nesta orde inclúen tódolos impostos, taxas e cargas legais que gravan ou poidan grava-los servicios obxecto de contratación polo Sergas.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltanse o director xeral da División de Asistencia Sanitaria e o director xeral da División de Recursos Económicos para adopta-las medidas necesarias en relación coa execución e o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais