Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2000 Páx. 7.529

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 14 de abril de 2000 pola que se declara a alienabilidade de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais das Somozas, Valdoviño, Abadín, O Corgo, A Pastoriza, Trabada, Baltar, Baños de Molgas, Porqueira e Riós.

Polos decretos 328/1996, do 26 de xullo (DOG nº 157, do 12 de agosto), 99/1999, do 8 de abril (DOG nº 75, do 21 de abril), e 55/2000, do 3 de marzo (DOG nº 59, do 24 de marzo) desafectáronse, entre outros, varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais das Somozas, Valdoviño, Abadín, O Corgo, A Pastoriza, Trabada, Baltar, Baños de Molgas, A Porqueira e Riós.

Unha vez obtida a inscrición nos correspondentes rexistros da propiedade dos ditos bens inmobles a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico destes bens patrimoniais.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, e logo do informe da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes, hoxe Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen a continuación:

1. Edificio de planta baixa, que ocupa 119 m do soar de forma rectangular sobre o que se asenta, de 300 m de superficie, ó que lle chaman Campo da Feira, no lugar de Garita, parroquia e municipio das Somozas (A Coruña). Estrema: norte, leste e oeste co predio matriz das vendedoras irmás Sueiras Pita; e sur, estrada das Somozas a Seixas.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol no tomo 717, libro 39, folio 120, predio nº4.060, inscrición 3ª.

2. Edificio de planta baixa de 146 m e almacén anexo de 48 m que está situado no lugar de Poulo, parroquia e municipio de Valdoviño (A Coruña), que se asenta sobre un soar ó que lle chaman Tras da Boca do Carral, de 1.379,5 m de superficie. Estrema: norte, herdeiros de Josefa de la Peña e Díez Robles; sur, predio matriz da que se segrega; leste, por onde mide 14,7 m con camiño de carro; e oeste, nunha liña de 21 m estrada de Cedeira a Ferrol.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ferrol no tomo 731, libro 96, folio 101, predio nº 10.250, inscrición 3ª.

3. Edificio de planta baixa e alta que ten unha superficie total construída de 235 m, que ocupa 118 m do soar sobre o que se asenta, que ten un total de 180 m, situado na Avda. do Xeneralísimo, nº 19, hoxe nº 39, termo municipal de Abadín (Lugo),

linda: dereita entrando e fondo, Dictino Ares Ares; esquerda, Fidel Vidal Requeijo; e fronte, coa Avda. do Xeneralísimo.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 671, libro 41, folio 3, predio nº 6.410, inscrición 1ª.

4. Edificio de soto, planta baixa e alta, que ten unha superficie total construída de 358 m, situado nun soar dunha extensión total agrupada de 1.628 m, aproximadamente, na parroquia do Corgo, estrada nacional VI, s/n, termo municipal do Corgo (Lugo). Estrema o conxunto: norte ou fronte, liña de 25 m coa estrada nacional VI; sur, liña de 44 m aproximadamente, con predio orixinario dos señores de Neira; leste, liña formada pola suma de 12 m e 4 m, é dicir, 56 m, co camiño público que vai á igrexa do Corgo; e oeste, liña de 12 m aproximadamente, limítrofe co predio de José López Fernández, e resto de arredor de 39 m que lindan con parcela dos señores de Neira.

Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 2 de Lugo no tomo 1.041, libro 106, folio 123, predio nº 11.071, inscrición 1ª.

5. Edificio de planta baixa e alta, que ten unha superficie de 106 m por planta, asentado sobre o predio nº 2-42-a da zona de concentración parcelaria da Pastoriza, de 170 m de superficie, no sitio de Agra da Olga, parroquia e municipio de Pastoriza (Lugo), que linda: norte, estrada; sur e oeste, Virtudes Seijo; e leste, camiño.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Mondoñedo no tomo 678, libro 116, folio 225, predio nº 10.096, inscrición 2ª.

6. Edificio que ocupa os 120 m de superficie do seu soar, destinado a almacén e oficinas, que consta de planta baixa e un piso, e que ten unha superficie total construída de 245 m. Está situado na rúa das Escolas, nº 10, do municipio e vila de Trabada (Lugo). Linda: norte e oeste, con máis do doador ou resto do predio matriz, hoxe José Rocha Gasalla; sur, escolas e terreos do concello; e leste, rúa das Escolas ou estrada de Trabada a Vilapena.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Ribadeo no tomo 670, libro 109, folio 151, predio nº 9.666, inscrición 2ª.

7. Edificio de planta baixa dunha superficie de 149 m útiles, que se asenta sobre un predio situado no lugar denominado Campo da Pomela, que ten unha extensión de 200 m, termo municipal de Baltar (Ourense), linda: norte , estrada estatal; sur, camiño de Baltar a Canella da Moa; leste e oeste, predio do que se segrega.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia no tomo 657, libro 63, folio 29, predio nº 7.213, inscrición 2ª.

8. Edificio que consta de dúas plantas, baixo e primeira planta, que ten unha superficie construída de 172 m, está situado no lugar de Panacea, rúa Samuel González Movilla, s/n, termo municipal de Baños de Molgas (Ourense), e que se asenta sobre

un soar cunha extensión aproximada de 144 m ocupando parte del. Estrema: norte, José Filgueira Fernández; sur, María Segunda Vences; leste, José Filgueira Fernández; e oeste, estrada de Allariz a Maceda.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Allariz no tomo 272, libro 43, folio 224, predio nº 5.987, inscrición 2ª.

9. Predio de 354 m, ó que lle chaman Merestal, sobre o que se atopa construído un edificio de planta baixa que ocupa 80 m do seu soar, situado no termo municipal de Porqueira (Ourense). Estrema: norte, Manuela Blanco e Juan Peaguda; sur, estrada; leste, Fermín Fernández e Antonio Quintas; e oeste, Francisco Rodríguez.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia no tomo 506, libro 41, folio 168, predio nº 6.312, inscrición 3ª.

10. Edificio que consta de soto, baixo e primeira planta, situado na marxe esquerda da estrada de Vilardevós, s/n, termo municipal de Riós (Ourense), que se asenta sobre un predio cunha superficie de 82 m e ocupa a totalidade do soar. Estrema: norte, estrada de Vendas a Vilardevós; sur, terreo de dominio público, antigo Campo da Feira; leste, rúa pública; e oeste, Antenor Prieto Pérez.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Verín no tomo 701, libro 98, folio 73, predio nº 15.583, inscrición 1ª.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda