Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia o acordo de integración da Asociación Profesional de Funcionarios de la Escala de Administración General de la Administración Local de A Coruña (Afagal) na Unión Sindical Obreira (USO-Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4.4º da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou certificación da asemblea xeral extraordinaria da Asociación Profesional de Funcionarios de la Escala de Administración General de la Administración Local de A Coruña (Afagal), que tivo lugar o 23 de marzo de 2000, na que se aprobou o acordo de integración da dita organización sindical na Unión Sindical Obreira (USO-Galicia), acordo que foi asinado en representación da Asociación Profesional de Funcionarios de la Escala de Administración General de la Administración Local de A Coruña (Afagal) por Juan Manuel Sáenz-Chas Díaz, en calidade de presidente da comisión executiva de Afagal, e por parte de USO-Galicia, José María Freire Piñeiro, en calidade de secretario xeral de USO-Galicia. Así mesmo, preséntase certificación da xuntanza do Comité Nacio

nal de USO de Galicia do 30 de marzo de 2000, na que se acordou a aceptación de integración da referida organización sindical (Afagal) na Unión Sindical Obreira (USO-Galicia).

O que se fai público para que todo aquel que se considere interesado poida alegar, por escrito, o que coide procedente, dentro do prazo de oito días seguintes ó da publicación deste anuncio, de conformidade co establecido no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2000.

José María Fernández Olea

Director xeral de Relacións Laborias