Visto o expediente para aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Campo da Feira.
Situación: concello de Lalín.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. saída Sub. Lalín ata o C.T. Feira, concello de Lalín.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Aproba-lo proxecto de execución das referidas instalacións, das que as súas características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas
nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 2 de marzo de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra