Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2000 Páx. 7.473

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fai pública a relación de excluídos da categoría 8 (peón/a agrario/a especializado/a) do grupo V (lista B) que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado na Resolución do 22 de febreiro de 2000 (DOG nº 45 do 6 de marzo) polo que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 8 (peón/a agrario/a especializado/a) do grupo V (lista B) e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral na súa sesión do día 25 de abril de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución coa relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, do grupo V categoría 8 (peón/a agrario/a especializado/a) (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 Lei 30/1992, do 26 de novembro) contados a partir

do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresan:

-Grupo II: 3.765 ptas.

Os que así non o fixeran no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública, do 30 de xuño de 1999 e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33% logo de xustificación documental. Os que non o fixeran así no prazo sinalado serán excluidos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 Lei 30/1992, do 26 de novembro) contados a partir do día seguinte á publicación desta resolución no DOG para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

34.962.798Dapena GonzálezMaría Jesús7,9484,2000,60,250,5013,499

76.561.991Felpeto CastroÁngel000000,2500,25

32.386.376Pardo GildaRamón02,55000002,55

32.676.448Piñeiro TrieiroFrancisco000000,500,5

76.700.497Rodríguez ÁlvarezCelestino03,90000,2504,15

76.333.290Vilariño MartínezJosé Manuel7,4367,65000,200,75013,386