Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.448

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE TRABALLO E ASUNTOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2000, da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social da Coruña, pola que se anuncia a convocatoria da segunda poxa pública dun inmoble, que pertence ó patrimonio da Seguridade Social, sito na Silva, concello de Lousame (A Coruña).

O Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, con data do 9-9-1999, autoriza a Tesourería Xeral da Seguridade Social, unha vez que esta acordou a súa venda o día 26-8-1999, e declarou o seu alleamento o día 26-5-1999, para vende-lo inmoble seguinte:

-Predio rústico no lugar da Silva do concello de Lousame-Noia, chamado Abruñeiras do Rego da Silva. Ten unha superficie de 4 hectáreas, 20 áreas. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Noia (A Coru

ña) no libro 68 de Lousame, tomo 528 do arquivo, folla 52 volta, predio número 5.873, inscrición cuarta.

O tipo mínimo de licitación é de 8.568.000 pesetas (51.494,72 euros).

Farase esta segunda poxa de acordo co prego de condicións que terán á súa disposición os posibles licitadores na Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, r/ Emilia Pardo Bazán, 15-7º esquerda da Coruña. Teléfono: 981 18 76 73.

O acto público desta segunda poxa terá lugar perante a mesa nomeada para isto, ás doce horas do día 30-5-2000 na sala de xuntas da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social, r/ Federico Tapia, 54-3º da Coruña.

A Coruña, 7 de abril de 2000.

José Manuel Pombo Cortés

Director provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social na Coruña.