Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.443

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO de poxa (referencia O2000/17).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: sección de contratación. b) Número de expediente: O2000/17.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de substitución da carpintería exterior e obras varias no colexio público Alborada. Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 14.500.537 pesetas (87.149,98 euros) IVE incluído.

5. Garantía provisional: non se esixe pesetas.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: plaza de María Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: 981 18 42 19 e) Fax: 981 18 42 71. f) Correo electrónico: cristinart*aytolacoruna.es. g) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Clasificación: non esixible.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, finalizando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións económicas e documentación técnica: a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: véxase prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: a cargo do adxudicatario.

A Coruña, 3 de maio de 2000.

P.D.

Carlos González-Garcés Santiso

Tenente alcalde delegado de Contratación