Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.442

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CAPELA

ANUNCIO.

Acordo do 30 de marzo de 2000, da Comisión de Goberno Municipal, polo que se acorda inicia-lo expediente de contratación, polo sistema de concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria, da obra incluída no Plan provincial de cooperación ás obras e servicios de competencia municipal e rede viaria local 2000 da Deputación Provincial da Coruña.

Obxecto.

É a execución da obra denominada Sumidoiros na Porta.

Tipo de licitación: 13.000.000 de ptas. (78.131,57 euros).

Fianza provisional: 2% do tipo de licitación.

Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Información: secretaría do concello. Teléfono: 981 45 90 06.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de vinteseis días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Capela, 11 de abril de 2000.

Ángel López Sueiro

Alcalde-presidente