Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BECERREÁ

INFORMACIÓN pública.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Becerreá.

2. Obxecto do contrato.

a) Proxecto de: pavillón de exposicións no recinto feiral.

b) Lugar de execución: Becerreá.

c) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 40.750.225 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 815.004 ptas.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Becerreá. Avda. Madrid, nº 2. Código postal: 27640 Becerreá (Lugo). Teléfono: 982 36 00 04.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría c.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar.

As proposicións presentaranse en dous sobres pechados:

Sobre A, subtitulado «Oferta económica», que deberá formularse conforme o modelo que figura como anexo II do prego e conterá a documentación que se establece na cláusula 11.1.

Sobre B, subtitulado «Personalidade xurídica». Conterá a documentación á que se refire a cláusula 11.2 do prego de condicións.

c) Lugar de presentación: Concello de Becerreá. Avda. Madrid, nº 2.

O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

d) Admisión de variantes: admítese a formulación de variantes, tanto cualitativas (mellora de calidades) como cuantitativas (novas unidades de obra); as melloras deberán formularse de acordo co previsto na cláusula 11.1.d) do prego.

9. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Becerreá, ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Becerreá, 13 de abril de 2000.

Antonio Fernández Pombo

Alcalde-presidente