Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administrativa, declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto denominado Parque Eólico de Escoiras. (Expediente 046-EOL).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, os decretos 2617/1966 sobre autorización de instalacións eléctricas, 2619/1966 sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia, e Decreto 205/1995 polo que se regula o aproveitamento da enerxía eléctrica eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, a solicitude da empresa Made Energías Renovables, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Obxecto de información pública:

-Estudio ambiental.

-Autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto Parque Eólico de Escoiras.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Peticionario: Made Energías Renovables, S.A. Castiñeiriño, 12-3º, 15702 Santiago de Compostela.

Situación: concellos de Muras (Lugo) e O Valadouro (Lugo).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

V (615.026,842, 4.818.035,263), V (616.300, 4.816.700).

V (616.300, 4.815.200), V (614.043,423, 4.816.990,545).

V (614.626,842, 4.816.990,545), V (614.626,842, 4.817.290,545).

V (615.026,842, 4.817.290,545).

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 26.

-Potencia nominal unitaria: 660 kW.

-Potencia total instalada: 17,16 mW.

-Tipo de aeroxerador: Made AE-46/I.

-Producción neta anual estimada: 48.891 MWh/ano.

-Orzamento total: 1.992.357.923 pesetas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-26 aeroxeradores tipo Made AE-46/I, de 660 kW de potencia nominal unitaria.

-26 centros de transformación de 700 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación e centro de interconexión 30 kV.

-Centro de interconexión 30 kV para evaluación de enerxía producida no Parque Eólico de Escoiras e conexión futura coa subestación transformadora 30/132 kV do veciño Parque Eólico de Pena Grande, composto por un transformador para servicios auxiliares e os correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Afección a predios particulares:

As afeccións denominadas, zapatas, subestación e plataforma implican a expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

As afeccións denominadas vías e gabias implican a imposición de servidume de paso coas seguintes limitacións permanentes:

-Dereito de libre paso ó acceso do persoal e equipamentos para a construcción, montaxe, supervisión, vixilancia e conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo que abrangue a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas soterradas aloxadas nas gabias.

-Prohibición de efectuar remoción do terreo, ou calquera outro tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños ou instalacións.

As afeccións denominadas protección eólica e voo, a área que se vai expropiar será en réxime de servidume e implica a seguinte limitación de dominio: construcción de edificacións, plantacións vexetais en altura ou calquera outro tipo de actividade que puidera ter unha afección negativa sobre a producción do parque.

O que se fai público para coñecemento xeral e dos propietarios dos predios e demais titulares afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións ou alegacións que consideren oportunas nesta delegación provincial sita no edificio administrativo Ronda da Muralla, 70 (27071, Lugo), no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do Parque Eólico de Escoiras poderase examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo, e concellos de Muras e O Valadouro, podendo presentarse cantas alegacións se consideren pertinentes ante esta Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo, dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Finalizado o devandito prazo, o expediente, xunto coas

alegacións recibidas, remitiranse á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

É de facer constar que esta publicación se realizará igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar.

Lugo, 27 de abril de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

Relación de propietarios

Obra: parque eólico Escoiras.

Concello: O Valadouro.

Nº dePropietarioDomicilioSuperficie en haClasific.LugarLindeiros

predioPleno dominioServidumes

en planoZapatasSubest.Plataf.VíasVooProt. eóli.Gabias

1Comunidade de montes veciñais en man común O CadramónO Tituelo-O Cadramón, O Valadouro

27770 Lugo

0,10590,00000,76880,52850,34324,76270,0000Monte

baixo

O CadramónN. M.V.M.C. Silán

S. Resto de predio

L. Resto de predio

O. M.V.M.C. Silán e outros

Obra: parque eólico Escoiras.

Concello: Muras.

Nº dePropietarioDomicilioSuperficie en haClasific.LugarLindeiros

predioPleno dominioServidumes

en planoZapatasSubest.Plataf.VíasVooProt. eóli.Gabias

2Comunidade de montes veciñais en man común Silán. Presidente: Francisco Canto DuránVilariño-Silán, Muras

27836 Lugo

0.29350,00001,83042,07121.015613,65870,0000Monte

baixo

CabaleiroN. M.V.M.C. Silán

S. Resto de predio

L. M.V.M.C. O Cadramón

O. Andrés Pérez Pernas e outros

3Montes veciñais de Silán. Presidente: Francisco Canto DuránVilariño-Silán, Muras

27836 Lugo

0,13500,00000,89002,40290,43775,36020,0000Monte

baixo

PedragosaN. Resto de predio

S. M.V.M.C. Silán e outros

L. M.V.M.C. O Cadramón

O. Her. irmáns Pacios Balsa e outros

4Andrés Pérez PernasAlmirante Chicarro,

nº 4, 3º. Viveiro

27850 Lugo

0,00280,00000,00000,00000,04390,05090,0000Monte

baixo

Su Campo

Cabaleiro

N. Resto de predio

S. M.V.M.C. Silán

L. M.V.M.C. Silán

O. Her. irmáns Pacios Balsa e outros

5Herdeiros irmáns Pacios Balsa. ReptL.: Estela Álvarez ÁlvarezR/ Salvador y Merino, nº 7, 2º Esq.

15008 A Coruña

0,00240,00000,03740,02190,0'0380,03040,0000Monte

baixo

Sub Pena

Corbal

N. Francisca Lamas Chao

S. M.V.M.C. Silán e outros

L. M.V.M.C. Silán

O. Francisca Lamas Chao

6Francisca Lamas ChaoA Margarida-Silán, Muras

27836 Lugo

0,00000,00000,03390,02850,00600,01610,0000Monte

baixo

Sub Pena

Corbal

N. Dolores Vázquez Gómez

S. Her. irmáns Pacios Balsa e outros

L. Her. irmáns Pacios Balsa

O. Dolores Vázquez Gómez

7Dolores Vázquez GómezA Margarida-Silán, Muras

27836 Lugo

0,00000,00000,00000,03860,00000,01800,0000Monte

baixo

Sub Pena

Corbal

N. Her. Balbino Ladra

S. Francisca Lamas Chao e outros

L. Francisca Lamas Chao

O. Her. Balbino Ladra

8Herdeiros de Balbino Ladra Rey. ReptL.: Guillermo YáñezO Candeal-Silán, Muras

27836 Lugo

0,00000,00000,00000,03720,00000,05230,0000Monte

baixo

Sub Pena

Corbal

N. Her. Manuel Fernández

S. Dolores Vázquez Gómez e outros

L. Dolores Vázquez Gómez

O. Her. Manuel Fernández

9Herdeiros de Manuel Fernández Gómez. ReptL.: Estela Álvarez ÁlvarezR/ Salvador y Merino, nº 7, 2º Esq.

15008 A Coruña

0,00000,00000,00000,05880,00000,07060,0000Monte

baixo

Sub Pena

Corbal

N. Her. Josefa García

S. Her. Balbino Ladra e resto de predio

L. Her. Balbino Ladra

O. Her. Josefa García

10Herdeiros de Josefa García Orosa. ReptL.: Josefa HermidaA Igrexa-Silán, Muras

27836 Lugo

0,00000,00000,00810,09220,00000,05540,0000Monte

baixo

Sub Pena

Corbal

N. Her. Manuel Carballido

S. Her. Manuel Fernández e resto de predio

L. Her. Manuel Fernández

O. Her. Manuel Carballido

Nº dePropietarioDomicilioSuperficie en haClasific.LugarLindeiros

predioPleno dominioServidumes

en planoZapatasSubest.Plataf.VíasVooProt. eóli.Gabias

11Herdeiros de Manuel Carballido Gómez. ReptL.: Manuel Carballido LamasA Margarida-Silán, Muras

27836 Lugo

0,00000,00000,05080,05050,00000,07900,0000Monte

baixo

Sub Pena

Corbal

N. Her. Anselmo Cora

S. Her. Josefa García e resto de predio

L. Her. Josefa García

O. Her. Anselmo Cora

12Herdeiros Anselmo Cora. ReptL.: Evelio Vázquez CoraMatogrande, r/ Xeneral Porlier, nº 14, 6º B

15009 A Coruña

0,00650,00000,06850,02070,00620,07140,0000Monte

baixo

Sub Pena

Corbal

N. Her. irmáns Vázquez

S. Her. Manuel Carballido e resto de predio

L. Her. Manuel Carballido

O. Her. irmáns Vázquez

13Herdeiros irmáns Vázquez Pérez. ReptL.: Josefa Casabella VázquezO Candeal-Silán, Muras

27836 Lugo

0,01610,00000,01750,02280,0459 0,1592 0,0000 Monte

baixo

Sub Pena

Corbal

N. Her. Dolores Lamas

S. Her. Anselmo Cora e resto de predio

L. Her. Anselmo Cora

O. Her. Dolores Lamas

14Herdeiros de Dolores Lamas. ReptL.: Manuel Lamas ChaoR/Meliltón Cortiñas, nº 38. Viveiro

27850 Lugo

0,00000,00000,00000,03430,02460,37770,0000Monte

baixo

Sub Pena

Corbal

N. Amador Porto Vázquez e outros

S. Resto de predio

L. Her. Vázquez Pérez

O. Amador Porto Vázquez

15Amador Porto VázquezA Margarida-Silán, Muras

27836 Lugo

0,00060,00000,05040,06010,01000,31140,0000Monte

baixo

Sub Pena

Corbal

N. Her. Rosendo Rouco

S. Resto de predio

L. Her. Dolores Lamas

O. Her. Rosendo Rouco

16Herdeiros de Rosendo Rouco. ReptL.: Obispado de Mondoñedo-FerrolBispado Mondoñedo-FerroL. Mondoñedo

27740 Lugo

0,02170,00000,04870,04970,02470,15960,0000Monte

baixo

Sub Pena

Corbal

N. Her. Benito Casabella e outros

S. Resto de predio

L. Amador Porto Vázquez

O. Her. Manuel Orosa

17Herdeiros de Manuel Orosa. ReptL.: Manuel Lamas ChaoR/ Meliltón Cortiñas, nº 38. Viveiro

27850 Lugo

0,00000,00000,04730,02330,02250,14320,0000Monte

baixo

Sub Pena

Corbal

N. Francisca Lamas e outros

S. Resto de predio

L. Her. Rosendo Rouco

O. Her. Antonia Pérez

18Herdeiros de Antonia Pérez Orosa. ReptL.: Josefa Casabella VázquezO Candeal-Silán, Muras

27836 Lugo

0,00000,00000,00000,02510,00000,17050,0000Monte

baixo

Sub Pena

Corbal

N. Her. Balbino Ladra e outros

S. Resto de predio

L. Her. Manuel Orosa

O. Her. Benito Casabella

19Herdeiros de Benito Casabella Sánchez. ReptL.: Eva López BarroR/Novo Cazón, nº 17-19 2º C. Vilalba

27800 Lugo

0,00000,00000,00000,02540,00000,12340,0000Monte

baixo

Sub Pena

Corbal

N. Her. Balbino Ladra e outros

S. Resto de predio

L. Her. Antonia Pérez

O. Her. Dolores Seijo

20Herdeiros de Dolores Seijo Barro. ReptL.: Sabina Fra CuadradoR/Lorient, nº 2, 6º B Vigo

36210 Pontevedra

0,00000,00000,00000,02570,00000,01480,0000Monte

baixo

Sub Pena

Corbal

N. Her. Generosa García e outros

S. Resto de predio

L. Her. Benito Casabella

O. Argimiro Hermida Cora

21Argimiro Hermida CoraA Igrexa-Silán, Muras

27836 Lugo

0,00000,00000,00000,00700,00000,00000,0000Monte

baixo

Sub Pena

Corbal

N. Her. José Fernández Pacios e outros

S. Resto de predio

L. Her. Dolores Seijo

O. Resto de predio