Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 10 de maio de 2000 Páx. 7.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 6 de abril de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Blanco Carracedo, Rocío e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aperturas de trámites de audiencia, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economia e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2º planta, Vigo, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 6 de abril de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Blanco Carracedo, Rocío

DNI: 34.670.098-J

Avenida Zamora 76 3º A

Vigo

Imposto sucesións e doazóns

Exp. 491/98 doc: 650800302951

González Blanco María Purificación

DNI: 36.060.064-C

Avenida Zamora 76 3º A

Vigo

Imposto sucesións e doazóns

Exp. 491/98 doc: 650800302952

González Blanco M. Rosa

DNI: 36.060.065-K

Avenida Zamora 76 3º A

Vigo

Imposto sucesións e doazóns

Exp. 491/98 doc: 650800302953

J.R.P. S.L.

CIF: B36649665

Ribadavia 45

Vigo

Imposto transmisións patrimoniais

e actos xurídicos documentados

Exp. 21143/95