Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 2000 Páx. 7.359

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto chamado L.M.T.-C.T.-R.B.T. Briabí (concello da Cañiza), a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente 80/1999 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 17 de febreiro de 2000 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do sector eléctrico), fáiselles saber

a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia que o día 25 de maio de 2000, a partir das 10 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio da Cañiza, sinalados cos números:

Predios: 4-14.

Hora: 10.

Día: 25-5-2000.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados do seu perito ou por un notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 10 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/80 A.T.Provincia: Pontevedra

L.M.T.-C.T.-R.B.T. BriabíTermo municipal: A Cañiza

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

4CorgaPradoDolores González FernándezTravesía de Vigo, 174-2ºC, 36206 Vigo1020

9CarcabeloMonte altoHdos. Herminia CastilloIglesia-Parada de Hachas, s/n, 36887 A Cañiza20100

10CaldasMonte altoJosé Domingo González FernándezEstrada Camposancos, 341, 36390 Vigo28140

14CavadasPiñeiralLuz Divina Márquez PazoCabo-Briabí, 3, 36887

A Cañiza

630