Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 2000 Páx. 7.356

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/89-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A., C.T., R.B.T.A. Vilacova-Portochán.

Situación: Ames-A Baña.

Características técnicas: liñas eléctricas aéreas de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56: de 1.216 m de lonxitude, con orixe na liña existente mesma tensión próxima a Vilacova e final no C.T., que se vai instalar en Vilacova. De 62 m de lonxitude, con orixe na liña que alimentará o C.T. Vilacova e final no C.T. Portochán, que se vai instalar. Centros de transformación, tipo intemperie de 50 kVA/U e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Vilacova e Portochán. Ames e A Baña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 4 de abril de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña