Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: reforma R.B.T., C.T. Pontecarreira.
Situación: Frades.
Características técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380/220 V, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 150 e 95 mm Al, de 565 m de lonxitude, con orixe no C.T. Pontecarreira (expediente 30290) e discorrendo polo lugar do mesmo nome. Frades.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 4 de abril de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña