Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 2000 Páx. 7.350

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 2000, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fai pública a adxudicación do concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da realización dos informes técnicos previstos no punto 1.3 do artigo 14 do Decreto 118/1999, do 23 de abril, da provincia de Lugo.

En cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Nº de expediente: 00/05/453.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: realización dos informes técnicos previstos no punto 1.3 do artigo 14 do Decreto 118/1999, do 23 de abril.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 17.235.790 ptas. (IVE incluído).

5. Adxudicación.

a) Data: 22 de marzo de 2000.

b) Contratista: TER, Ingeniería y Urbanismo.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: 12.478.712 ptas. (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda