Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 2000 Páx. 7.347

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se procede ó nomeamento como persoal funcionario sanitario dos aspirantes que superaron o concurso-oposición para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde.

Verificada a concorrencia de tódolos requisitos esixidos nas bases da convocatoria de tódolos aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado pola Resolución do 23 de xullo de 1997 (DOG nº 146, do 31 de xullo) modificada pola resolución da División de Recursos Humanos do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 1999), para o ingreso nas clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, e que aparecen relacionados na Resolución do 22 de febreiro de 2000 (DOG nº 44, do 3 de marzo), procede efectua-lo seu nomeamento como funcionarios e publicalo no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia. Así mesmo, de conformidade co previsto na resolución de convocatoria do concurso-oposición, procédese a adxudicarlle destino provisional ó devandito persoal.

Por todo isto, este centro directivo, no uso das competencias que ten delegadas polo artigo 4.c) da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio),

ACORDA:

Primeiro.-Nomear funcionarios no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de saúde pública e Administración sanitaria, das clases de inspectores médicos, e inspectores farmacéuticos, e no corpo facultativo de grao medio, escala de saúde publica e Administración sanitaria, da clase de subinspectores sanitarios do Servicio Galego de Saúde, os aspirantes que superaron o concurso-oposición convocado pola Resolución do 23 de xullo de 1997 (DOG nº 146, do 31 de xullo) modificada pola resolución da División de Recursos Humanos do 28 de decembro de 1998 (DOG nº 6, do 12 de xaneiro de 1999), e que se relacionan no anexo desta resolución, de acordo coa puntuación final obtida nel.

Segundo.-De conformidade co previsto na base novena da convocatoria, adxudicar como destinos provisionais os que figuran no devandito anexo, segundo o posto e nivel ofertado na Resolución do 30 de marzo de 2000 (DOG nº 69, do 7 de abril), e declarar na oportuna situación administrativa o persoal que lle corresponda.

Terceiro.-De conformidade co establecido no artigo 45.4º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función publica de Galicia, a toma de posesión como persoal

funcionario nos distintos postos de traballo adxudicados levarase a efecto no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-De conformidade co previsto no punto 3 da base novena da convocatoria, a toma de posesión dos destinos adxudicados por esta resolución levará aparellado, se é o caso, o cesamento do persoal interino que veña desenvolvendo temporalmente o posto de traballo.

Quinto.-Contra esta resolución, que pon fin a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado competente, no prazo de dous meses, contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes, poderá interpoñerse recurso de reposición ante este centro directivo.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2000.

Valeriano Martínez García

DIrector xeral da División de Recursos Humanos