Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 2000 Páx. 7.318

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 100/2000, do 31 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en farmacia.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás Administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 547/1995, do 7 de abril, establece o título de técnico en farmacia e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar

correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender que se requiren do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e a destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula, e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios contidos do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de marzo de dous mil,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para

as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico en farmacia, regulado polo Real decreto 547/1995, do 7 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son os que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.1.1. do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste título son as que se expresan no punto 4.1.2. do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.1.3. do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición deste ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.3.1. e 4.3.2. do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, se é o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico, por ter superada a formación profesional

específica de grao medio, teñen acceso directo ás distintas modalidades de bacharelato.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: farmacia.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración: 1.300 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Os requirimentos xerais de cualificación profesional do sistema productivo para este técnico son:

* Realiza-las operacións de dispensación, venda e distribución de productos de farmacia e parafarmacia, efectuando o cobramento, control de caixa e a tramitación administrativa de liquidacións diferidas,

organizando a adquisición, recepción, almacenamento e reposición dos productos e materiais expedidos nos establecementos de farmacia e parafarmacia, e efectuando operacións físico-químicas elementais, baixo a supervisión correspondente.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Dispensar medicamentos e productos de parafarmacia, realizando o cobramento, control de caixa e demais trámites administrativos relativos á liquidación de receitas de cobramento diferido.

* Interpretar e comprende-la información técnico-científica e a linguaxe simbólica asociada ós distintos procesos relacionados co exercicio da súa actividade laboral.

* Mante-lo bo funcionamento e a posta a punto das máquinas, materiais e demais medios asignados, actuando en todo momento seguindo as normas de seguridade e hixiene.

* Elaborar preparacións medicamentosas, dietéticas e cosméticas, e efectuar análises clínicas sinxelas, seguindo indicacións do farmacéutico e protocolos establecidos.

* Valorar, ó seu nivel, a interrelación das persoas coa saúde/enfermidade e os seus aspectos preventivos, asistenciais e rehabilitadores.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Preparar lotes de productos e medicamentos observando os procedementos establecidos, resolvendo incidencias ou anomalías no traballo e informando delas ó farmacéutico responsable.

* Actuar en condicións de posible emerxencia, transmitindo con celeridade e serenidade os sinais de alarma e aplicando os medios de seguridade establecidos.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Organiza-la adquisición, recepción, almacenaxe e reposición dos productos e materiais utilizados nos establecementos de farmacia e parafarmacia, verificando o nivel de existencias e garantindo a súa correcta conservación.

* Posuír unha visión de conxunto e coordinada dos distintos tipos de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos, informando das súas características ó cliente na súa venda (dispensación) e fomentando hábitos saudables e de promoción da saúde.

* Posuír unha visión global e integrada do sistema sanitario no seu aspecto organizativo, funcional, social e administrativo.

* Colaborar cos membros do equipo de traballo no que está integrado, asumindo as responsabilidades conferidas a el, cumprindo os obxectivos asignados e mantendo o fluxo de información adecuado.

* Responder da correcta colocación dos distintos medicamentos, productos e materiais segundo criterios establecidos.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia das innovacións tecnolóxicas e organizativas introducidas na súa área laboral.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos e/ou profesionais de nivel superior ó seu, requiriránselle, nos campos ocupacionais abranguidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Mantemento, conservación e limpeza do material empregado nas operacións farmacéuticas.

* Recepción, almacenamento e revisión de productos sanitarios e medicamentos.

* Envase e etiquetaxe de productos e medicamentos.

* Dispensación de medicamentos e productos sanitarios.

* Xestión administrativa das receitas médicas.

* Manexo, calibración, mantemento de uso e control das reparacións do equipo e material ó seu cargo.

* Manipulación de mostras analíticas para a súa posterior análise, baixo supervisión do farmacéutico.

* Información e educación da poboación para a correcta utilización dos medicamentos.

* Determinación de parámetros anatomofisiolóxicos sinxelos.

* Participar na elaboración de preparacións medicamentosas, dietéticas e cosméticas.

* Participar na realización de análises clínicas sinxelas, baixo supervisión do farmacéutico.

2.4. Unidades de competencia:

1. Dilixenciar e controla-los productos, facturación e información en establecementos de farmacia.

2. Dispensar medicamentos e productos de parafarmacia, informa-los clientes sobre a súa utilización, determinar parámetros anatomofisiolóxicos sinxelos e fomentar hábitos saudables nos clientes.

3. Elaborar preparacións medicamentosas, dietéticas e cosméticas, baixo protocolos establecidos e supervisión do facultativo.

4. Realizar análises clínicas elementais e normalizadas, baixo a supervisión do facultativo.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: dilixenciar e controla-los productos, facturación e información en establecementos de farmacia:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Organiza-la adquisición, recepción, almacenamento e reposición dos productos e materiais utilizados na unidade ou oficina de farmacia.* Detectáronse e comunicáronse as necesidades de adquisición e reposición dos productos non dispoñibles na farmacia que son demandados polos clientes.

* Controlouse o nivel de existencias de productos e materiais, prevéndose a súa reposición en tempo e forma adecuados.

* O pedido de productos e materiais realizado responde ás indicacións recibidas do facultativo responsable.

RealizaciónsCriterios de realización

* Comprobouse que os productos e artigos recibidos corresponden ós indicados no pedido.
* Os productos foron almacenados atendendo ás instruccións para a súa conservación e ós criterios organizativos do facultativo responsable.
* Recibíronse albarás e facturas, comprobándose os seus conceptos (pedidos, prezo, cantidades), rexistrando a súa entrada e arquivándose en previsión de posibles reclamacións ou controis e para a xestión contable.
* As especialidades farmacéuticas caducadas foron situadas claramente á marxe do resto das existencias para impedir calquera confusión posible, prevéndose a súa devolución e/ou destrucción.
* As especialidades farmacéuticas nas que concorra algunha das circunstancias previstas na lexislación vixente sobre devolución foron enviadas ó almacenista ou ó laboratorio no tempo e forma previstos na normativa.
* As altas e baixas de material foron anotadas no libro de inventario.

1.2.Comproba-la conservación e o mantemento dos productos, material e equipos, de acordo coas pautas fixadas.* Os productos están almacenados cumprindo os requisitos de conservación en canto á luz, temperatura, humidade, volatilidade, inflamabilidade e toxicidade.
* Xestionouse a asistencia técnica para mante-lo estado operativo dos equipos.

1.3.Realiza-los trámites administrativos necesarios para a liquidación económica das receitas de cobramento diferido.* Comprobouse que tódalas receitas levan incluído o cupón de identificación do medicamento dispensado e que cada precinto corresponde univocamente coa súa receita.

* As receitas foron agrupadas e empaquetadas, de acordo coa normativa vixente.

* Remitíronse as caixas de receitas ó colexio de farmacéuticos correspondente en tempo e forma adecuados.

1.4.Realiza-lo cobramento e control de caixa.* O cliente foi informado do prezo do medicamento, producto ou artigo e da cantidade total que debe aboar.
* Comprobouse que o importe total dos productos vendidos e/ou dispensados coincide coa suma do efectivo de caixa e do importe correspondente ás dispensacións con receita de cobramento diferido. Cando o reconto de caixa non coincide, revísase e detéctase o erro, dándolle a oportuna información ó farmacéutico.

1.5.Rexistra-las follas de pedido e de saída dos productos solicitados polas distintas unidades hospitalarias.* As follas de solicitude e de saída de productos ás distintas unidades hospitalarias foron ordenadas de acordo cos criterios establecidos no servicio (datas, unidades demandantes, tipo de producto ...).
* Unha vez clasificadas, rexistráronse as follas de solicitude e de saída cos códigos habituais no servicio, arquivándose no lugar correspondente.

1.6.Actualizar e clasifica-la documentación utilizada en establecementos de farmacia.* Mantense actualizada a documentación de uso interno (lexislación farmacéutica, normativa legal, vademécum e publicacións científicas) coa incorporación das circulares de organismos públicos e comunicacións de laboratorios farmacéuticos, procedendo ó arquivo da documentación previa.
* Seleccionouse e arquivouse a documentación de uso externo para o público en función do tipo de producto (farmacia e parafarmacia) e do tipo de información (divulgativa, preventiva ou publicitaria).

Dominio profesional

-Medios de producción:

Terminal informático. Ordenador. Sistemas de arquivo. Libro inventario. Caixa rexistradora. Etiquetas. Frigorífico. Conxelador. Productos en bruto, drogas, reactivos, especialidades e artigos de parafarmacia.

-Resultados e/ou productos obtidos:

Listaxe de productos en stock. Pedimento de productos. Arquivo actualizado. Inventario actualizado de productos e artigos. Receitas clasificadas e tramitadas. Control de caixa. Follas de saída de productos.

-Procesos, métodos e procedementos:

Técnicas de almacenamento e conservación. Procedemento de tramitación de receitas oficiais.

-Información:

Receitas. Formularios. Vademécum. Lexislación farmacéutica. Facturas e albarás. Follas de solicitude de productos. Revistas e folletos.

-Persoal e/ou organización destinataria:

Provedores. Farmacéutico. Servicio técnico de mantemento dos equipos. Departamentos comerciais de laboratorios farmacéuticos e empresas distribuidoras de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos.

2.5.2. Unidade de competencia 2: dispensar medicamentos e productos de parafarmacia, informa-los clientes sobre a súa utilización, determinar parámetros anatómico-fisiolóxicos sinxelos e fomentar hábitos saudables nos clientes:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Dispensar medicamentos cumprindo as normas legais.* Solicitouse a receita, cando foi necesaria en virtude da lexislación vixente, para a dispensación do medicamento.
* A receita asinada polo médico ou facultativo correspóndese co medicamento prescrito, cumpre tódolos requisitos legais para a súa validez e, en caso de dificultade na interpretación e/ou lectura, consultouse co facultativo responsable.
* O medicamento dispensado coincide en nome, forma farmacéutica, tipo e presentación coa prescrición da receita, e non está caducado.
* En caso de non dispor do medicamento solicitado, consultouse o farmacéutico co obxecto de poder substituílo por un análogo ou similar.
* O precinto do medicamento, nos casos en que sexa necesario, foi cortado e unido á receita.
* O cliente recibiu un trato atento, cordial e humano.

2.2.Dispensar productos, materiais, instrumental e equipos sanitarios, así como vender artigos de comercialización normal en farmacia.* Solicitouse a receita, cando foi necesario en virtude da lexislación vixente, para a dispensación do producto, material, instrumental e equipo sanitario correspondente.

* A receita emitida polo médico corresponde co producto ou material prescrito, cumpre tódolos requisitos legais para a súa validez e, en caso de dificultade na interpretación e/ou lectura, consultouse o facultativo responsable.

* O producto ou material dispensado coincide en nome, forma, tipo e presentación coa prescrición da receita, e non está caducado.
* En caso de non dispor do producto ou material solicitado, consultouse o farmacéutico co obxecto de poder substituílo por un análogo ou similar.
* O precinto do producto ou material, nos casos en que foi necesario, foi cortado e unido á receita.
* O cliente recibiu un trato atento, cordial e humano.

2.3.Distribuír medicamentos, segundo normas de actuación, en institucións sanitarias.* Efectuouse a preparación e distribución dos pedidos solicitados polas distintas unidades, de acordo coas normas de actuación establecidas e coas indicacións do facultativo, en condicións hixiénicas e de seguridade adecuadas.
* Os lotes para repo-las caixas de urxencias das distintas unidades do hospital foron dispostos de acordo coas peticións realizadas.

2.4.Informa-lo cliente sobre productos sanitarios e parasanitarios.* Fixéronselle ó cliente, en caso necesario, as indicacións precisas sobre conservación, caducidade, forma de administración e preparación e precaucións de uso do medicamento dispensado, aténdose ó prospecto e ás indicacións do farmacéutico responsable.
* Na dispensación de fórmulas maxistrais informouse o cliente sobre o prezo e tempo de demora de preparación.
* O cliente foi informado de forma clara, veraz e comprensible das características e pautas de utilización da gama de productos e artigos que corresponden á súa demanda, en relación coa súa dispensación e/ou venda.
* O cliente ou usuario foi informado sobre os perigos da automedicación e o abuso de fármacos.

RealizaciónsCriterios de realización

* Cando se detectan indicios de patoloxía aconséllaselle ó cliente/usuario a consulta co seu médico.

2.5.Determinar parámetros anatómicos mediante a realización de somatometrías.* O cliente colocouse na posición correcta para realiza-la pesada e medida, manexando o medidor e a báscula segundo as súas características técnicas.
* O lactante colocouse de forma adecuada na báscula pediátrica e rexistrouse o seu peso e medida.
* Os valores dos parámetros rexistráronse na ficha que se lle entrega ó cliente.

2.6.Determina-las constantes vitais dos clientes.* Realizouse a toma de pulso e presión arterial, manual ou automaticamente, estando o cliente sentado, en repouso e relaxado.
* Os valores dos parámetros medidos foron anotados na ficha que se lle entrega ó cliente.

2.7.Fomentar hábitos hixiénicos saudables nos clientes e usuarios.* Explicáronselle ó cliente as normas básicas sobre profilaxe das enfermidades infectocontaxiosas máis frecuentes.
* Explicáronselle ó cliente as normas básicas sobre hixiene persoal.
* Informáronse os clientes sobre os prexuízos para a saúde de hábitos tales como o consumo de tabaco, alcol e de estupefacientes.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Medidor. Báscula. Báscula pediátrica. Cronómetro. Fonendoscopio. Esfigmomanómetro. Aparellos automáticos de toma de presión arterial e pulso.

-Instrumental e materiais:

Productos sanitarios: productos para incontinencia, artigos de goma, plástico e látex, productos sanitarios de óptica e aparellos de ortopedia con fins curativos, preventivos ou correctores. Materiais de cura estériles ou non estériles, como esparadrapo, vendas, algodón, celulosa, alcol, material de sutura e material de ostomía. Instrumental como termómetro clínico, agullas, xiringas e instrumental médico-cirúrxico. Equipos sanitarios como humidificadores, básculas, fonendoscopios, esfigmomanómetros e equipos automáticos de toma de constantes. Productos varios de cosmética, hixiene persoal, plantas medicinais, insecticidas de aplicación directa en persoas e/ou animais, alimentación infantil, dietética e xeriátrica, augas mineiro-medicinais, xoguetes e ortopedia.

-Resultados e/ou productos obtidos:

Tarxetas de rexistro de datos anatómicos e fisiolóxicos. Cliente informado.

-Procesos, métodos e procedementos:

Protocolo farmacéutico. Protocolo de funcionamento da farmacia hospitalaria. Técnicas de toma de pulso e presión arterial. Técnicas somatométricas. Técnicas de información e comunicación.

-Información:

Receitas. Vademécum. Follas de pedidos. Lexislación farmacéutica. Prospectos. Folletos de manexo dos distintos aparellos. Folletos informativos de educación sanitaria.

-Persoal e/ou organización destinataria:

Cliente. Unidades ou áreas hospitalarias. Facultativo.

2.5.3. Unidade de competencia 3: elaborar preparacións medicamentosas, dietéticas e cosméticas, baixo protocolos establecidos e supervisión do facultativo:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Preparar, pór en marcha e controla-los equipos de dosificación e envasado de productos farmacéuticos ou afíns en establecementos e oficinas de farmacia e farmacia hospitalaria.* Compróbase a asepsia e descontaminación de equipos, materiais, reactivos e productos que así o requiran.

* Preparáronse os materiais e equipos necesarios, atopándose dispoñibles en cantidade, calidade e estado operativo no momento de ser requiridos, e foron usados con precaución e meticulosidade.

* Os productos semielaborados e os envases sitúanse nos lugares establecidos, mantendo a subministración continua de materiais, envases e compoñentes.
* Os equipos son axustados co producto para a súa dosificación e/o envasado dentro dos límites establecidos.
* Contrólase o proceso realizando as tomas de mostras para control, anotándoo en soportes establecidos de acordo coas instruccións escritas.
* Compróbanse os documentos do lote e do procedemento, coidando de non mesturar productos nin materiais entre diferentes lotes.
* Obsérvanse os requirimentos de seguridade e hixiene (ausencia de contaminación), avisando de calquera situación anómala ó farmacéutico responsable.

3.2.Recoñecer e controla-la calidade das materias primas que se vaian utilizar en fases posteriores.* Examináronse as características organolépticas das materias primas.

* O microscopio ou lupa foi utilizado correctamente no recoñecemento de substancias: plantas, productos químicos e drogas.

* Realizáronse os ensaios físicos e químicos sinxelos, pertinentes para o recoñecemento e control de calidade das materias primas, co obxecto de rexeita-las que non cumpran os requisitos mínimos de calidade.

3.3.Realizar tódalas operacións descritas no protocolo ou modus operandi encamiñadas á obtención do producto final, baixo supervisión do facultativo responsable.* Os protocolos técnicos interpretáronse de forma correcta.

* As disolucións necesarias foron preparadas e valoradas, en tempo e forma adecuadas, en canto a cálculos previos e condicións óptimas.

* As disolucións preparadas conserváronse e almacenáronse, nas condicións específicas para cada unha delas, ata a súa utilización.

* Realizáronse as medidas de volume, co material adecuado ó tipo de producto que se mide, seguindo as indicacións do farmacéutico e/ou do protocolo.
* Realizáronse as operacións físico-químicas (homoxeneización, centrifugación, filtración, destilación e pesada) seguindo os protocolos establecidos para cada unha das técnicas, e os productos obtidos teñen a cantidade e calidade mínima necesaria.
* Tódalas operacións foron realizadas nas condicións de hixiene, forma e seguridade adecuadas.

3.4.Envasar e/ou dosificar productos terminados en condicións hixiénicas adecuadas e etiquetalos de acordo coa normativa legal vixente.* O tipo de envase seleccionouse en función do contido e as condicións óptimas de conservación.

* O envasado realizouse seguindo o protocolo específico e evitando tanto a contaminación interna como a externa.

* A etiquetaxe cumpre os requisitos establecidos na lexislación vixente.
* Mediuse convenientemente, pesouse e presentouse a cantidade de producto, na dispensación ou venda a granel.
* O producto dosificado e/ou envasado queda identificado, codificado e etiquetado, indicando o número de lote, data de fabricación, composición do producto e forma de uso e de preparación.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Liña de acondicionamento e envasado: dosificadores, enchedeiras, envasadores, contador electrónico e etiquetadora. Instrumentos de medida de dimensións de elementos de acondicionamento e de variables do proceso. Reguladores de volume, velocidade, tempo

de enchemento e temperatura. Instrumentos de ensaio. Instrumental de toma de mostras. Lupa. Microscopio. Destilador e desionizador de auga. Plantas medicinais. Extractos vexetais, animais e minerais. Principios activos medicamentosos.

-Materiais e productos intermedios:

Formas elaboradas, pos, disolucións. Material de acondicionamento (envases de vidro e plástico, sobres, prospectos, etiquetas, precintos e caixas.).

-Productos obtidos:

Preparacións dietéticas, medicamentosas e cosméticas dosificadas, enchidas e acondicionadas.

-Procesos, métodos e procedementos:

Guía de acondicionamento. Procedemento normalizado de operación. Normas de seguridade e hixiene persoal no acondicionamento. Proceso de rexistro.

-Información:

Formularios. Receitas. Vademécum. Protocolos de elaboración, envasado, etiquetaxe e análises. Manuais de uso dos aparellos.

-Persoal e/ou organización destinataria:

Cliente. Unidades ou áreas hospitalarias. Facultativo.

2.5.4. Unidade de competencia 4: realizar análises clínicas elementais e normalizadas baixo a supervisión do facultativo:

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Recibir e identificar mostras para a súa análise segundo os protocolos establecidos.* Os diversos recipientes de recollida de mostras son os adecuados e existen en suficiente cantidade para o traballo diario que hai que realizar.
* Verificáronse os datos de identificación das mostras, comprobando a idoneidade do recipiente coa determinación solicitada e a súa identificación mediante o código habitualmente usado.

4.2.Rexistra-las mostras seguindo os protocolos establecidos.* Realizouse o rexistro, manual ou informático, das peticións, anotando tanto os datos de identificación como as determinacións solicitadas.
* Comprobouse que a petición e a mostra correspondente se identifican univocamente mediante o código habitual.

4.3.Conservar e prepara-la mostra para a súa análise seguindo os protocolos establecidos.* Os reactivos necesarios para a realización das análises foron correctamente preparados, envasados, etiquetados e datados nas condicións e unidades indicadas nos protocolos.
* A conservación e o almacenamento dos reactivos realizouse segundo os protocolos normalizados de traballo e as normas de seguridade vixentes.
* A mostra conservouse adecuadamente segundo o tipo de análise que se vai realizar.
* As operacións físico-químicas (homoxeneización, centrifugación, filtración, destilación e pesada), cando sexan necesarias para prepara-las mostras para a súa análise, realizáronse seguindo os protocolos establecidos para cada unha das técnicas, e os productos obtidos teñen a cantidade e calidade mínima necesarias.

4.4.Prepara-lo material e realizar análises clínicas sinxelas, segundo os protocolos normalizados e as indicacións do farmacéutico responsable.* Os materiais e equipos necesarios foron preparados, estando dispoñibles en cantidade, calidade e estado operativo no momento de seren requiridos, e foron usados con precaución e meticulosidade.

* A secuencia de preparación de reactivos, patróns e controis de calidade foi a específica para cada unha das determinacións que hai que realizar, seguindo os protocolos establecidos tanto polo fabricante como polo farmacéutico.

* Respectáronse as normas de hixiene na manipulación das mostras.

RealizaciónsCriterios de realización

* Seguiuse a técnica de análise en tódolos seus aspectos de forma pulcra e precisa e, en caso de dúbida, consultouse co farmacéutico para segui-las súas instruccións.
* Os datos obtidos na análise realizada foron anotados e comunicados ó farmacéutico para a súa interpretación e validación.
* Ó realiza-lo traballo tomáronse tódalas medidas necesarias, directas e indirectas, de protección persoal.
* Ó finaliza-lo traballo, o material e os reactivos non perecedoiros almacénanse de modo adecuado e as mostras procesadas gárdanse ata a validación de resultados.

4.5.Realiza-la limpeza, desinfección e esterilización dos materiais e instrumental utilizado.* Seleccionouse o método de limpeza, desinfección e esterilización idóneo, en función da natureza (vidro, plástico, metal) dos distintos materiais.
* O instrumental non refugable utilizado foi lavado, para eliminar residuos, clasificado, segundo a súa natureza, sometido ós distintos procesos de esterilización e ordenado no seu lugar correspondente, en función das normas do laboratorio.
* Ó finaliza-lo proceso realizáronse tódalas operacións necesarias para deixa-la zona de traballo limpeza e os equipos en óptimas condicións para a súa seguinte utilización.
* Tódolos materiais refugables e productos de refugallo foron colocados nos colectores de lixo correspondentes e eliminados posteriormente segundo o protocolo habitual.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Material de uso común nun laboratorio. Lupa. Microscopio. Estufa. Autoclave. Frigorífico. Conxelador. Baño de terra. Centrifugadora. Axitador automático. Destilador e desionizador de auga. Autoanalizador. Reactivos e patróns. Mostras para análises.

-Materiais e productos intermedios:

Mostras preparadas.

-Resultados e/ou productos obtidos:

Resultados analíticos.

-Procesos, métodos e procedementos:

* Técnicas de centrifugación, pesada, destilación, dilución, filtración e homoxeneización. GLP. Técnicas analíticas.

-Información:

Manuais de uso dos aparellos. Volantes de petición. Manuais de procedementos de técnicas analíticas.

-Persoal e/ou organización destinataria:

Cliente. Facultativo.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Os cambios previsibles na evolución da competencia deste profesional son:

* Maior grao de mecanización e control informático das oficinas de farmacia, almacéns de distribución e farmacia hospitalaria para mellora-la súa organización e administración.

* Maior grao de participación na educación sanitaria dos clientes, con finalidade preventiva, para fomentar e promover hábitos e formas de vida saudables, de hixiene persoal e do medio, evitando a automedicación.

* Maior flexibilidade entre os diversos postos de traballo e maior polivalencia de cada un deles, de forma que os profesionais poidan ser intercambiables entre os distintos postos dunha área de traballo.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

A consolidación da educación sanitaria, desde o punto de vista epidemiolóxico, implicará a necesidade de realizar un labor informativo e de promoción da saúde, por parte destes profesionais, desde as oficinas de farmacia.

A utilización de paquetes informáticos para mellora-la xestión.

A necesidade de coñece-los productos de parafarmacia e as súas aplicacións para poder dar unha correcta información cando se produza demanda deles.

2.6.3. Cambios na formación:

Para a correcta formación deste profesional:

* Requiriranse maiores coñecementos de informática que permitan o manexo fluído de paquetes informáticos aplicados á xestión das distintas áreas de traballo.

* Necesitaranse maiores coñecementos de educación sanitaria para realiza-lo labor informativo de prevención.

* Requirirase unha actualización permanente en lexislación farmacéutica, indispensable para a dispensación de productos farmacéuticos en oficinas de farmacia.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

Este técnico poderá exerce-la súa actividade profesional principalmente no sector sanitario na área de dispensación de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos.

Os principais subsectores nos que pode desenvolve-la súa actividade son:

* Servicios xerais e productos sanitarios: oficinas de farmacia, farmacia hospitalaria e establecementos de parafarmacia.

* Outros: almacéns de distribución de medicamentos e industria farmacéutica.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

O técnico en farmacia sitúase nas funcións/subfuncións de organización e xestión da oficina de farmacia, prestación do servicio e educación sanitaria.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos abranguen:

* Administración e organización dos recursos na súa área de competencia.

* Técnicas de venda e atención ó público.

* Lexislación farmacéutica vixente.

* Coñecementos elementais de farmacoloxía.

* Técnicas analíticas sinxelas de laboratorio.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

A título de exemplo, e especialmente con fins de orientación laboral, enumérase a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título.

* Técnico de oficina de farmacia.

* Técnico en almacén de medicamentos.

* Técnico en farmacia hospitalaria.

* Técnico en establecementos de parafarmacia.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Interpretar prescricións e información técnica para a dispensación de productos farmacéuticos e venda de productos parafarmacéuticos.

* Aplicar criterios deontolóxicos na dispensación de productos medicamentosos.

* Recoñece-las condicións idóneas de recollida e conservación de mostras para a súa análise.

* Explica-lo proceso administrativo de xestión de receitas.

* Obte-los valores dos parámetros somatométricos e das constantes vitais e representalos graficamente no soporte documental adecuado.

* Recoñecer e selecciona-lo material, instrumental e equipo necesario para a correcta elaboración de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos.

* Seleccionar e, de se-lo caso, aplicar técnicas de hixiene, desinfección e esterilización ó material, instrumental e equipos ó seu cargo.

* Operar destramente cos equipos do laboratorio e de preparación de formas galénicas.

* Asisti-lo facultativo na preparación de mostras, realización de análises e elaboración de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos.

* Participar activamente no desenvolvemento de programas de saúde e actuar como axente sanitario e transmisor ó público en xeral de mensaxes saudables.

* Comprender e explica-los diferentes estados anímicos que experimentan os pacientes en situacións especiais e favorecer no posible o obxectivo da humanización da asistencia.

* Describir e comprende-la estructura do sistema público de saúde en España e distingui-los niveis

e tipos de asistencia que ofrece, analizando as características específicas do Servicio Galego de Saúde (Sergas).

* Comprender e, de se-lo caso, transmitir mensaxes técnicas na linguaxe propia do sector sanitario para comunicarse con iguais e superiores xerárquicos.

* Comprede-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a súa actividade profesional, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: procedementos administrativos e de control de existencias en establecementos de farmacia:

Asociado á unidade de competencia 1: dilixenciar e controla-los productos, facturación e información en establecementos de farmacia.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las características xerais do sistema estatal de saúde e as particularidades do sistema galego.

* Distingui-las características diferenciais da sanidade pública, a privada, e das mutualidades de asistencia sanitaria, incidindo nas que operan en Galicia.

* Identifica-las distintas formas de almacenaxe que se poden atopar nos establecementos farmacéuticos, e explica-los criterios de ordenación de medicamentos e outros productos na oficina de farmacia.

* Identificar e describi-las variables para o cálculo de existencias mínimas de productos, utensilios e aparellos de dispensación ou venda en oficinas de farmacia, empregando diferentes aplicacións informáticas.

* Identifica-los códigos das diferentes presentacións farmacéuticas, para realiza-lo adecuado mantemento, conservación e almacenaxe.

* Describi-las alteracións máis frecuentes que se poden dar nun producto farmacéutico en mal estado, para relacionalas coas causas que as producen.

* Describi-lo proceso a seguir na devolución ós distribuidores farmacéuticos das especialidades caducadas, seguindo a lexislación vixente.

* Cubrir follas de pedidos, albarás e facturas, e realiza-lo control de existencias e peticións de productos necesarios, en función das variables de punto de pedido, empregando o soporte informático axeitado, se é o caso.

* Identifica-los requisitos legais de tramitación de cada tipo de receita, para descubrir erros na súa formalización, corrixíndoos e dilixenciándoos, se é o caso.

* Identifica-la porcentaxe de cobramento para aplicar a cada receita, segundo a lexislación vixente.

* Realizar balance para comprobar que a suma de efectivo de caixa e o importe dos productos dispensados con receitas de cobramento diferido coincide co total de productos vendidos e/ou dispensados.

* Clasifica-las receitas segundo a entidade aseguradora que avala o pagamento diferido, tendo en conta o tipo de beneficiario da prestación e o tipo de productos prescritos.

* Formaliza-los libros de control de dispensacións segundo a normativa vixente.

* Describi-las operacións necesarias de acondicionamento e revisión das receitas de cobramento diferido para facer efectivo o total do seu importe.

* Realizar operacións con sistemas informáticos e co terminal de punto de venda.

* Codifica-los distintos productos e os prezos respectivos.

* Realizar operacións de ordenación das follas de solicitude e saída dos productos cara ás distintas unidades hospitalarias, seguindo criterios establecidos no servicio de farmacia hospitalaria.

* Clasifica-la documentación de establecementos e oficinas de farmacia seguindo protocolos establecidos.

* Revisar e manter actualizada a documentación e lexislación empregada nas oficinas de farmacia.

* Clasificar e arquiva-las receitas para cumpri-la normativa legal vixente, seguindo os protocolos establecidos.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Control de existencias:

* Recepción de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos: identificación e acondicionamento.

* Formalización das fichas de almacén: rexistro de entrada e saída.

* Identificación do nivel óptimo de existencias. Cálculo do punto de pedido.

* Organización e control do almacén seguindo protocolos establecidos.

* Identificación de prezos e referencias de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos.

* Control da caducidade.

Informática básica:

* Programas de emprego habitual nas oficinas de farmacia.

* Programas de xestión de almacén:

-Introducción de altas e baixas.

-Busca e actualización de datos.

-Obtención de etiquetas, informes e documentos.

-Validación de datos introducidos.

* Terminais de punto venda (TPV) e caixas rexistradoras:

-Uso do TPV: cobramento, rexistro e control de stock.

-Funcionamento básico.

-Interpretación do código de barras.

-Identificación das etiquetas.

-Limpeza e mantemento básico do aparello.

-Carga e descarga dos funxibles.

* Terminais de pagamento electrónico: tarxetas de crédito e débito, efectivo...

-Cobramentos a través da terminal de pagamento electrónico. Comprobación dos requisitos para o seu uso.

* Navegación por redes locais e WWW. Busca de datos nelas.

Lexislación farmacéutica:

* Interpretación da lexislación vixente.

* Ordenamento dos documentos:

-Identificación da súa orixe e destino.

-Clasificación dos documentos.

-Codificación.

-Rexistro informático.

-Rexistro manual.

-Arquivo seguindo os protocolos establecidos.

* Xestión das receitas:

-Identificación do tipo de receita.

-Identificación do tipo de producto prescrito.

-Verificación da correcta formalización.

-Tramitación da receita.

-Clasificación por productos, beneficiarios e entidade emisora.

-Xestión do cobramento diferido.

-Rexistro do libro correspondente.

* Interpretación da normativa legal vixente sobre seguridade e hixiene.

Contidos conceptuais

Control de existencias:

* Clasificación de existencias e a súa etiquetaxe. Rotación na almacenaxe.

* Fichas de almacén: características e ítems principais.

* Stocks: concepto, tipos e características. Valoración de existencias.

* Inventarios: concepto, tipos e características. Principais sistemas de codificación.

* Valoración de existencias.

* Control de caducidade.

Informática básica:

* Principais sistemas operativos.

* Concepto de rede local, intranet e internet.

Lexislación farmacéutica:

* Ordenación sanitaria española. Características máis salientables do ordenamento sanitario galego.

* Ordenamento farmacéutico: funcións e obrigas dos titulares das farmacias.

* Farmacias hospitalarias.

* Almacenistas farmacéuticos.

* Inspección farmacéutica: funcións.

* Deontoloxía farmacéutica: concepto e principios fundamentais.

* Farmacopeas. Vademécum. Guías farmacolóxicas. Publicacións científicas.

* A receita: concepto, tipos, partes e formalización:

-Modelos oficiais. Obrigatoriedade de conservación. Rexistro de libros de control dos receitarios.

-Número de exemplares, nome, datos médicos e datos do usuario. Caducidade. Achega do usuario en función do tipo de receita.

* Dereitos do usuario. Segredo farmacéutico.

Organización farmacéutica:

* Colexios farmacéuticos: características e funcións.

* Oficinas de farmacia: requisitos técnico-sanitarios, función e organización.

* A farmacia hospitalaria: situación no organigrama hospitalario. Tipos de centros hospitalarios. Funcións, organización e distribución dos medicamentos.

* Almacenistas farmacéuticos: requisitos, organigramas, tipos e funcións.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde e o ambiente.

* Sistematización da comprobación de resultados: corrección de erros.

* Orde é método no traballo de almacén.

* Profesionalidade no contorno laboral: puntualidade, aproveitamento do tempo. Cumprimento dos protocolos de traballo.

3.2.2. Módulo profesional 2: dispensación e venda de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos:

Asociado á unidade de competencia 2: dispensar medicamentos e productos de parafarmacia, informa-los clientes sobre a súa utilización, determinar parámetros anatómico-fisiolóxicos sinxelos e fomentar hábitos saudables nos clientes.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-los distintos tipos de receitas comprobando que reúnen tódolos requisitos legais para a súa validez e a non-dispensación en caso de que non os cumpran.

* Recoñece-los criterios de non-dispensación en caso de sospeita de uso inadecuado en productos que non precisan prescrición facultativa.

* Identifica-los grandes grupos de medicamentos segundo a clasificación anatomoterapéutica, relacionándoos coa actuación destes no organismo.

* Explica-las indicacións e contraindicacións dos fármacos, así como a posoloxía e as precaucións para ter en conta durante a súa manipulación e uso, aténdose ás especificacións do laboratorio fabricante.

* Identificar e describi-la simboloxía do envase dos productos farmacéuticos, recoñecendo o seu significado e relacionándoos coa lexislación vixente para a súa dispensación.

* Indica-las condicións de conservación do producto, segundo a simboloxía do envase, e informar sobre a súa data de caducidade.

* Diferencia-los casos nos que sexa necesaria a consulta ó farmacéutico ou facultativo que realiza a prescrición, así como a necesidade de remiti-lo usuario á consulta médica.

* Explica-las técnicas de preparación e distribución dos pedidos en institucións sanitarias de acordo coas normas establecidas e as indicacións do facultativo en condicións adecuadas.

* Analiza-las características diferenciais entre productos farmacéuticos e parafarmacéuticos, relacionándoos cos criterios de dispensación e venda.

* Identifica-los principais productos, materiais e equipos de parafarmacia, describindo as súas funcións e características.

* Recoñece-las necesidades de compra de productos de parafarmacia por parte do cliente, recomendando aquel que reúna as características máis adecuadas.

* Explica-la correcta utilización do producto, equipo ou material de parafarmacia, dispensado e/ou vendido en función das necesidades do cliente.

* Diferencia-los casos nos que sexa necesaria a consulta ó farmacéutico, así como a necesidade de remiti-lo usuario á consulta médica.

* Diferencia-los valores normais e anormais dos parámetros somatométricos (peso e estatura) en función da idade, sexo, constitución física e estado fisiolóxico das persoas.

* Selecciona-las técnicas somatométricas segundo as características da persoa, explicando o funcionamento e manexo dos equipos que se utilicen.

* Obter valores somatométricos relacionándoos coa idade, sexo, estado fisiolóxico e constitución física da persoa.

* Rexistra-los datos somatométricos obtidos e realiza-las gráficas correspondentes, para ve-la evolución dos parámetros nun período de tempo determinado.

* Explica-lo concepto de pulso, características e valores normais, relacionándoos coas patoloxías máis importantes que poden producir alteracións nel.

* Explica-lo concepto de presión arterial e os seus valores normais, relacionándoos coas patoloxías máis importantes que producen alteracións nela.

* Analiza-las distintas técnicas de toma de presión arterial e pulso, identificando as zonas máis apropiadas para a súa medición, en función das características da persoa.

* Obter valores de pulso e presión arterial, aplicando as distintas técnicas.

* Representar graficamente os valores das constantes vitais, comprobando a súa variación nun determinado período de tempo.

Contidos (duración 290 horas)

Contidos procedementais

Dispensación e venda:

* Identificación dos distintos tipos de receitas para a dispensación de productos de venda en farmacia e parafarmacia.

* Relación de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos en función das normas legais para a súa dispensación.

* Distribución de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos seguindo os protocolos hospitalarios.

Farmacoloxía básica:

* Relación dos distintos tipos de fármacos coas vías de administración máis adecuadas.

Parámetros somatométricos e constantes vitais:

* Preparación e manexo do material necesario para a determinación dos parámetros somatométricos.

* Obtención de valores de peso e estatura, logo de colocación do cliente en posición correcta.

* Elaboración da ficha persoal que reflicta a evolución deses parámetros en función do tempo.

* Preparación e manexo do material preciso para a toma de pulso e presión arterial.

* Obtención de valores e a súa representación gráfica, observando a súa evolución nun período de tempo determinado.

Contidos conceptuais

Dispensación e venda:

* Productos farmacéuticos e parafarmacéuticos: conceptos e diferencias.

* Medicamentos: definición e tipos.

* Conceptos de:

-Substancia medicinal.

-Principio activo.

-Excipiente.

-Materia prima.

-Forma galénica ou forma farmacéutica.

-Productos intermedios ou sistemas farmacéuticos.

-Productos sanitarios.

* Protocolos farmacéuticos: conceptos e tipos.

Farmacoloxía básica:

* Termos básicos relacionados coa farmacoloxía.

* Procesos xerais da farmacocinética.

* Formas galénicas ou farmacéuticas e vías de administración.

* Mecanismo de acción e efectos dos fármacos no organismo.

Equipos e materiais de venda frecuente en farmacia:

* Tipos.

* Características e prestacións.

* Pautas de funcionamento e utilización.

Parámetros somatométricos e constantes vitais:

* Parámetros somatométricos: concepto, valores e técnicas de medida.

* Constantes vitais: concepto, técnicas de medida, valores e patoloxías máis frecuentes que produzan alteracións nelas.

Contidos actitudinais

* Rigor na identificación dos distintos tipos de receitas para a dispensación de productos de venda en farmacia e parafarmacia.

* Responsabilidade na aplicación da normativa legal vixente para a dispensación e a distribución de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos segundo os protocolos establecidos.

* Valora-la importancia dunha actuación sistemática na identificación dos distintos tipos de fármacos en relación coas vías de administración máis indicadas.

* Rigor na obtención de valores nos parámetros somatométricos e constantes vitais, así como o seu rexistro.

* Responsabilidade no manexo e a conservación dos equipos e materiais empregados nas oficinas de farmacia.

3.2.3. Módulo profesional 3: elaboración de preparacións farmacéuticas e parafarmacéuticas en establecementos de farmacia:

Asociado á unidade de competencia 3: elaborar preparacións medicamentosas, dietéticas e cosméticas, baixo protocolos establecidos e supervisión do facultativo.

Capacidades terminais elementais

* Identificar e describi-los compoñentes elementais dos equipos, para a elaboración de formas farmacéuticas e materiais e reactivos para utilizar en cada caso.

* Recoñece-los elementos específicos dos equipos, utilizándoos en función dos diferentes productos ou formas farmacéuticas que se elaboren.

* Diferencia-las técnicas xerais de asepsia e descontaminación de equipos, materiais e productos utilizados, aplicándoas en función das súas características.

* Aplica-las medidas básicas de mantemento, conservación e limpeza dos equipos e materiais utilizados.

* Recoñece-los procedementos físico-químicos e biolóxicos estandarizados, para confirma-la asepsia e descontaminación dos equipos, materiais e productos utilizados.

* Diferencia-las características organolépticas avaliables e valorables das materias primas segundo os protocolos.

* Aplica-las técnicas necesarias para o recoñecemento das materias primas e/ou productos segundo protocolos establecidos.

* Realizar probas sinxelas para o control de calidade das materias primas e/ou productos de entrada máis utilizados na elaboración de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos, co obxecto de rexeita-los que non cumpran os requisitos mínimos.

* Recoñecer plantas, drogas e productos químicos mediante o uso do microscopio e a lupa, seguindo os protocolos de traballo establecidos.

* Analiza-los protocolos máis habituais na elaboración de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos, relacionando as operacións para realizar cos productos de entrada e as características do producto final.

* Recoñece-los métodos de conversión e equivalencia entre as distintas unidades de medida realizadas en cada proceso.

* Describi-las operacións e o seu fundamento físico-químico, para a preparación dos productos farmacéuticos.

* Explica-las operacións galénicas que se deben realizar para lle da-la forma farmacéutica desexada ó producto final.

* Explica-la normativa legal vixente sobre elaboración de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos nas oficinas de farmacia.

* Describi-las condicións de seguridade e hixiene necesarias para a elaboración de productos farmacéuticos, relacionándoas cos tipos de materias primas e/ou productos de entrada que se teñen que manipular.

* Describi-las condicións de seguridade e hixiene necesarias para a elaboración de productos farmacéuticos, relacionándoas coas operacións físico-químicas que se teñen que realizar, co tipo de producto que se vai obter e coa forma farmacéutica que se lle debe dar.

* Interpreta-los protocolos de traballo aplicándoos ó envase, etiquetaxe, almacenamento e conservación de productos farmacéuticos.

* Distingui-los diferentes tipos de envase e embalaxe, así como as condicións óptimas de conservación para as formas galénicas, en función do contido e da vía de administración.

* Envasar, identificar, codificar e etiqueta-los productos elaborados aténdose á normativa legal vixente.

Contidos (duración 215 horas)

Contidos procedementais

Introducción ó laboratorio de farmacia:

* Utilización do microscopio e lupa no estudio e identificación de plantas, drogas e productos químicos.

* Manexo dos diferentes equipos e materiais de uso habitual no laboratorio.

Introducción á farmacia galénica:

* Aplicación de técnicas segundo protocolos, para o recoñecemento das materias primas e/ou productos.

* Realización de probas de control de calidade das materias primas e/ou productos.

* Elaboración de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos segundo os protocolos establecidos.

* Selección do material de laboratorio necesario para o proceso de elaboración.

* Realización de operacións físico-químicas e mecánicas para a elaboración dos productos farmacéuticos.

* Interpretación dos protocolos de traballo aplicados ó envase, etiquetaxe, almacenamento e conservación dos productos farmacéuticos.

* Envase, identificación, codificación e etiquetaxe dos productos finais, seguindo a normativa legal vixente.

* Aplicación dos controis de calidade establecidos.

Seguridade e hixiene:

* Aplicación das medidas básicas de mantemento, conservación e limpeza de equipos e materiais de laboratorio de farmacia.

* Utilización dos métodos físicos, químicos e biolóxicos de control de asepsia e descontaminación segundo as características dos equipos e materiais empregados, así como dos productos elaborados.

* Aplicación das medidas de seguridade e hixiene na elaboración dos productos farmacéuticos.

Contidos conceptuais

Introducción ó laboratorio de farmacia:

* Equipos e materiais habituais no laboratorio de farmacia: tipos, manipulación e aplicacións.

* Concepto e operacións físico-químicas básicas:

-Unidades e métodos de medida.

-Concentración: concepto e expresión.

-Disgregación e separacións mecánicas.

-Separacións difusionais.

Introducción á farmacia galénica:

* Protocolos a seguir na elaboración de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos.

* Forma farmacéutica: concepto, tipos e vías de administración.

* Control de calidade do producto elaborado: concepto e características.

* Envases para formas farmacéuticas: tipos, usos e simboloxía.

* Envase e etiquetaxe: concepto, tipos, características e finalidades.

* Conservación dos productos farmacéuticos: características.

Seguridade e hixiene:

* Técnicas xerais de asepsia e descontaminación de equipos, materiais e productos. Métodos de control:

-Normativa básica de seguridade e hixiene aplicada ó proceso de elaboración.

Contidos actitudinais

* Responsabilidade na aplicación das medidas de mantemento, conservación e limpeza dos equipos e materiais do laboratorio de farmacia.

* Rigor e pulcritude na aplicación dos métodos de control de asepsia e descontaminación.

* Valoración da importancia de aplicar correctamente as normas de control de calidade das materias primas e/ou productos.

* Hábito sistemático de aplicación do microscopio e lupa no recoñecemento de plantas, drogas e productos químicos.

* Responsabilidade no seguimento dos protocolos de elaboración dos productos farmacéuticos, na selección do material e na aplicación das medidas de seguridade e hixiene adecuadas.

* Rigor na aplicación dos protocolos, na realización do envase, identificación, codificación, conservación e etiquetaxe dos productos finais, segundo a normativa vixente.

3.2.4. Módulo profesional 4: realización de análises clínicas elementais baixo a supervisión do facultativo:

Asociado á unidade de competencia 4: realizar análises clínicas elementais e normalizadas, baixo a supervisión do facultativo.

Capacidades terminais elementais

* Interpreta-los protocolos de recepción das mostras segundo os diferentes tipos de mostra e as determinacións que teña que realizar.

* Relaciona-lo tipo de mostra e as determinacións que se teñen que realizar cos métodos de preparación e conservación que se teñan que aplicar.

* Asesora-los clientes sobre as condicións orgánicas ideais para a obtención da mostra e o tipo de recipiente que terá que empregar dependendo da analítica que se realice.

* Determina-la cantidade de mostra precisa para a determinación que haxa que efectuar.

* Realizar, de xeito manual e informatizado, as operacións de identificación da mostra e o rexistro dos datos de identificación e dos documentos de petición, empregando os códigos que lle correspondan.

* Utiliza-la linguaxe técnica específica dos procedementos de análise empregados.

* Selecciona-los reactivos necesarios para a realización das técnicas analíticas.

* Relaciona-las operacións dos procedementos habituais de traballo analítico cos reactivos e as técnicas que conveña empregar.

* Preparar, envasar, etiquetar e data-los reactivos precisos para realiza-las técnicas analíticas, de acordo coas condicións e as unidades sinaladas nos procedementos habituais e normalizados de traballo, aplicando as normas de seguridade vixentes.

* Realiza-las operacións de conservación da mostra obtida dependendo do tipo de análise que se teña que realizar.

* Efectua-las operacións físico-químicas precisas para prepara-la mostra de acordo cos protocolos establecidos e conforme as técnicas analíticas que teña que realizar.

* Prepara-lo material preciso para efectua-la análise técnica que corresponda, tendo en conta o seu protocolo, cantidade, calidade e estado de utilización.

* Realizar análises clínicas sinxelas da mostra obtida dependendo dos procedementos normativizados de traballo e baixo as indicacións do boticario responsable e aplicando as condicións de seguridade e hixiene necesarias.

* Rexistra-los datos obtidos na realización das análises clínicas de modo axeitado, con precisión e claridade, expresándoos nas correspondentes unidades.

* Relaciona-los métodos de limpeza, desinfección e esterilización co seu fundamento, aplicacións e productos ou equipos que se teñan que empregar.

* Aplica-las técnicas axeitadas de limpeza, desinfección e esterilización dependendo da natureza e o grao de contaminación dos materiais e dos equipos, de acordo coas normas de hixiene e do laboratorio.

* Eliminar lixo e refugallo aplicando os protocolos establecidos e respectando a normativa establecida.

Contidos (duración 160 horas)

Contidos procedementais

Operacións básicas de análise clínica:

* Aplicación das diferentes técnicas de desinfección e esterilización.

* Utilización do material e instrumental do laboratorio de análise.

Material e equipos de laboratorio de análise:

* Selección do material a empregar nas diferentes técnicas.

* Manexo dos aparellos e instrumentos do laboratorio.

* Mantemento dos aparellos e instrumentos do laboratorio.

* Medidas da cor e realización dos patróns.

Ensaios cualitativos e cuantitativos:

* Recepción e preparación das mostras.

* Preparación dos materiais e dos reactivos.

* Análise clínica das mostras

* Manipulación das mostras: control, etiquetaxe e rexistro.

Seguridade e hixiene:

* Eliminación de refugallos ou desperdicios.

Contidos conceptuais

Operación básicas de análise clínica:

* Conceptos de esterilización, desinfección, asepsia e antisepsia.

* As técnicas de desinfección e de esterilización: métodos físicos e químicos.

* Os equipos e productos de desinfección e esterilización: normas de utilización.

* Sistemas de control da desinfección e da esterilización.

* Conceptos físico-químicos de densidade, calor, temperatura e estado de agregación da materia.

Material e equipos de laboratorio de análise:

* Volumetrías e gravimetrías: concepto, material, equipos e técnica.

* Colorimetrías e tinguiduras: concepto, tipos, características e indicacións.

* Outros materiais de utilización básica no laboratorio de análise clínica.

Ensaios cualitativos e cuantitativos:

* Substancias analizables e tipos de análise.

* Reactivos de utilización mais frecuente: determinación, perfil e batería de probas analíticas.

* Técnicas para obtención da recollida, criterios de conservación e transporte das mostras.

* Técnicas para a preparación das mostras: criterios xerais e de seguridade.

* Métodos de análises organolépticas, físicas, químicas, enzimáticas, inmunolóxicas e microbiolóxicas. Unidades de medida e expresión dos resultados.

* Aditivos e conservantes: concepto, tipos e características dos máis empregados.

Seguridade e hixiene:

* Normativa específica do laboratorio de análise clínica.

* Técnicas de eliminación controlada de residuos e materiais.

* Normas de mantemento e orde no laboratorio.

Contidos actitudinais

* Rigor na manipulación e aplicación das diferentes técnicas de exame a que se someten as mostras para a súa análise, seguindo as normas de seguridade establecidas.

* Valoración da importancia que a actuación ordenada na aplicación das distintas técnicas analíticas ten na obtención de resultados óptimos.

* Hábito e rigor na aplicación sistemática de técnicas de control de calidade.

* Valoración da importancia de preserva-la confidencialidade dos datos obtidos.

* Consciencia da importancia do cumprimento das normas de seguridade e hixiénico-sanitarias na manipulación de productos e na utilización dos materiais e equipos de laboratorio.

* Ser conscientes da importancia de efectua-la eliminación de residuos segundo a normativa vixente.

* Ser coidadosos na manipulación dos equipos e na aplicación das medidas de mantemento que permitan mantelos en condicións óptimas.

3.3. Módulo profesional transversal:

3.3.1. Módulo profesional 5: promoción da saúde e apoio psicolóxico ás persoas:

Capacidades terminais elementais

* Explica-lo proceso de saúde e a súa relación co ambiente físico, biolóxico e social para coñece-los factores que poidan incidir negativamente nas persoas e indica-las súas formas de corrección.

* Analiza-las conductas e os comportamentos específicos da poboación galega e establece-las súas influencias sobre a saúde para poder aplica-las medidas correctoras que sexan precisas.

* Explica-los aspectos xerais das teorías psicolóxicas sobre a formación e o desenvolvemento da personalidade, para comprende-las distintas reaccións das persoas.

* Especifica-las características fisiopatolóxicas e as peculiaridades psicolóxicas dos diferentes colectivos segundo a idade e características especiais do seu estado de saúde e selecciona-los modos adecuados de relacionarse con eles.

* Describi-los elementos que se deben ter en conta para establecer unha comunicación efectiva entre o sanitario e o paciente/cliente, e indica-las fases que se dan na relación cliente/paciente e sanitario.

* Explica-lo que é a ansiedade, enumera-las súas causas etiolóxicas e precisa-los factores que poden xerar, indicando as medidas destinadas a evitala ou diminuíla.

* Enuncia-las reaccións anómalas que poden presenta-las persoas coa finalidade de corrixilas e mellora-la comunicación con elas.

* Afronta-las diversas situacións de relación coas persoas con características fisiopatolóxicas peculiares ou de patoloxía especial, aplicando as pautas de conducta indicadas en cada caso para presta-lo apoio psicolóxico necesario.

* Explica-las características fundamentais dos programas de promoción da saúde en casos fisiolóxicos e de prevención de enfermidades específicas para diminuí-la súa incidencia na poboación xeral.

* Fomenta-la utilización das canles de información de uso común das actividades de información-formación sanitaria para contribuír á súa difusión e á mellora da oferta asistencial.

* Respecta-las concepcións de defensa que sobre o propio estado de saúde forman as persoas en estado crítico ou terminal.

Contidos (duración 130 horas)

Contidos procedementais

Saúde e enfermidade:

* Diferenciación dos distintos tipos de comportamentos en función das zonas de procedencia da poboación galega: rural, marítima, urbana e suburbana.

* Identificación das diferentes formas de expresión de síntomas e signos. Observación da conducta do paciente.

Fundamentos de psicoloxía xeral e evolutiva:

* Clasificación dos diferentes tipos de personalidade.

* Establecemento de relacións entre as diferentes etapas evolutivas.

* Análise das características específicas de cada etapa evolutiva.

* Análise das características de diferentes tipos de personalidade.

Relación co paciente/cliente:

* Aplicación de diferentes técnicas de dinámica de grupos en distintas situacións.

* Identificación de factores de perturbación dunha relación de comunicación.

* Identificación das distintas funcións do técnico en farmacia.

Comunicación/humanización:

* Recollida de información: entrevista, observación, escalas e cuestionarios.

* Utilización das regras da arte de escoitar: activa e pasiva.

* Identificación das fases dunha relación interpersoal de axuda (sanitario/paciente).

* Utilización de métodos específicos para tratar situacións de illamento en determinadas zonas da Comunidade Autónoma gelega.

Estados psicolóxicos de pacientes en situacións especiais:

* Utilización de técnicas conductuais que favorezan a relación interpersoal en circunstancias de saúde especiais.

* Utilización de técnicas para diminuí-la ansiedade do enfermo e dos acompañantes.

Técnicas educativas:

.* Selección das técnicas grupais máis idóneas en relación á idade e estado de saúde das persoas.

* Elaboración de diferentes tipos de programas de educación para a saúde.

* Utilización dos diferentes recursos didácticos en programas de educación para a saúde.

Contidos conceptuais

Saúde e enfermidade:

* Procesos de saúde. Modelo ecolóxico de saúde. Influencia do ambiente físico, biolóxico e social.

* Comportamentos e hábitos individuais e colectivos: Galicia rural, marítima, urbana e suburbana.

Fundamentos de psicoloxía xeral e evolutiva:

* Teorías sobre o desenvolvemento da personalidade.

* Etapas evolutivas e os seus parámetros de referencia: infancia, adolescencia, xuventude, madureza e vellez.

* Características individuais das persoas en xeral. Tipos de personalidade.

* Mecanismos de defensa e principais trastornos da personalidade.

Relación co paciente/cliente:

* A institución sanitaria: o grupo de traballo. Elementos condicionantes da dinámica grupal.

* O papel profesional do técnico en farmacia. Fases e perturbacións das relacións entre o persoal.

* O papel do paciente/cliente. Papeis desviantes. Relacións anómalas de potenciación.

Comunicación/humanización:

* Humanización da asistencia sanitaria.

* A comunicación coas persoas. Factores que a facilitan.

* Obstáculos á comunicación paciente/sanitario. Influencia do bilingüismo na comunicación cos pacientes/clientes. Situación de illamento en determinadas zonas xeográficas da Comunidade Autónoma galega.

Estados psicolóxicos dos pacientes/clientes en situacións especiais:

* Aspectos psicolóxicos específicos do paciente/cliente oncolóxico, con SIDA, xeriátrico, etc. Aspectos específicos do enfermo xeriátrico do rural galego.

* Aspectos psicolóxicos específicos do paciente/cliente con SIDA.

* Aspectos psicolóxicos do paciente/cliente xeriátrico. Aspectos específicos do enfermo xeriátrico do rural galego.

* Aspectos psicolóxicos das persoas adultas con patoloxías crónicas.

* Aspectos psicolóxicos do neno e do adolescente con enfermidade crónica.

* Aspectos psicolóxico da persoa con patoloxías en fase terminal.

Técnicas educativas:

* Técnicas de grupo aplicadas á educación: conferencia, traballo en grupo, comisións de traballo, seminarios, estudio de casos, etc.

* Recursos didácticos en educación para a saúde. Medios audiovisuais.

Contidos actitudinais

* Respecto polos comportamentos, hábitos de vida e crenzas das persoas.

* Preocupación por fomentar nas persoas hábitos de vida máis saudables, evitando a automedicación.

* Aceptación das características propias de cada etapa evolutiva.

* Actitude de comprensión ante diferentes tipos de personalidade.

* Tolerancia cara a distintas reaccións persoais.

* Aceptación da posible implicación dun mesmo como distorsionante do grupo.

* Respecto polas diferentes formas de expresión lingüística da Comunidade Autónoma galega.

* Consciencia da importancia dos aspectos comunicativos na atención sanitaria e rigor na recollida de información.

* Actitude de comprensión e respecto cara ás manifestacións psicolóxicas das persoas en situacións especiais.

* Valoración dos distintos recursos didácticos aplicados en educación para a saúde.

* Actitude participativa dinamizadora no desenvolvemento das técnicas grupais.

* Responsabilidade no coidado e manexo dos diferentes recursos audiovisuais.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 340 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Efectua-lo control dun almacén de productos farmacéuticos e/ou parafarmacéuticos.* Organización do almacén de farmacia ou parafarmacia.

* Identificación dos distintos códigos das presentacións farmacéuticas e parafarmacéuticas.

* Mantemento e control da caducidade dos productos farmacéuticos e parafarmacéuticos detectando e separando os productos que estean caducados.

2.Tramita-la documentación administrativa nunha oficina de farmacia.* Formalización e clasificación dos impresos administrativos xerais e específicos da farmacia: follas de pedido, de saída, rexistros etc.
* Mantemento dos libros de control de dispensación segundo a normativa vixente.
* Emprego de programas de soporte informático na formalización dos impresos administrativos.

3.Dispensar medicamentos e productos de farmacia e parafarmacia.* Dispensación de medicamentos, productos, material instrumental e equipos sanitarios logo de solicitude ó cliente da receita, cando sexa o caso.
* Comprobación de que a formalización das receitas é a correcta, observando que os datos que nelas figuran se corresponden co producto descrito.
* Comprobación da coincidencia do nome, forma farmacéutica, tipo e presentación do medicamento, do producto ou do material para dispensar co solicitado polo cliente.
* Información sobre a caducidade, vía de administración e precaucións para ter en conta de cara a un correcto uso de medicamentos.
* Recomendación dos productos de parafarmacia que mellor se adapten ás necesidades e características do cliente.
* Información e demostración, se é o caso, sobre as características, pautas de utilización e normas de conservación dos artigos e productos de parafarmacia solicitados.
* Consulta co farmacéutico de tódalas anomalías e/ou dificultades que se presenten durante a dispensación de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos.

4.Distribuír medicamentos.* Preparación e distribución de pedidos en institucións sanitarias, seguindo os protocolos de distribución, conservación, seguridade e hixiene establecidos e tendo en conta as indicacións do farmacéutico responsable.

5.Realizar análises clínicas elementais.* Recepción e identificación das mostras, efectuando o rexistro dos datos e documentos de petición.
* Manipulación das mostras e control das etiquetas, utilizando os aditivos e conservantes necesarios.
* Interpretación dos códigos: sistema manual e informático.
* Recollida, identificación, conservación e transporte das mostras.
* Almacenaxe e conservación dos reactivos e das mostras.
* Selección do material de laboratorio necesario para efectua-la técnica analítica que corresponda.
* Utilización do material básico para realizar volumetrías e gravimetrías, manexando os diversos equipos e aplicando as técnicas destinadas para tal finalidade.
* Realización de colorimetrías, tinturas básicas, patróns e medidas de cor básicas.
* Aplicación das técnicas de limpeza, desinfección e esterilización do material de laboratorio.
* Eliminación dos residuos e desperdicios seguindo as normas de seguridade e hixiene e de protección persoal e ambiental establecidas.
* Mantemento xeral do laboratorio nas condicións hixiénico-sanitarias e de orde establecidas.

6.Elaborar preparacións farmacéuticas e parafarmacéuticas nun establecemento de farmacia.* Selección dos materiais, reactivos e equipos necesarios, en función dos diferentes productos e formas farmacéuticas que se elaboren.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Aplicación dos procedementos físico-químicos e biolóxicos estandarizados que permitan comproba-las condicións de asepsia e descontaminación dos equipos, materiais e reactivos utilizados.
* Axuste, mantemento, conservación e limpeza do equipo e dos materiais utilizados.
* Aplicación das técnicas necesarias para a identificación de materias primas e realización de probas sinxelas que permitan efectua-lo control de calidade.
* Preparación de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos mediante a aplicación das operacións físico-químicas necesarias.
* Execución das operacións galénicas necesarias para lle da-la forma farmacéutica desexada ó producto final.
* Aplicación das condicións de hixiene e asepsia durante tódolos procesos, así como mantemento da orde e limpeza da área de traballo.
* Colaboración co persoal facultativo na selección de envases segundo o tipo do contido e as necesidades de conservación en condición óptimas.
* Envase, etiquetaxe, almacenamento e conservación dos productos elaborados, cumprindo a normativa legal vixente.

7.Determinarlles parámetros anatomofisiolóxicos ós clientes.* Realización de somatometrías logo de comprobación do correcto funcionamento e estado dos equipos que se van utilizar.
* Toma de constantes vitais logo de información ó cliente de cómo se vai efectuar para acada-la máxima colaboración pola súa parte.
* Rexistro dos datos obtidos nas determinacións de parámetros somatométricos e de constantes vitais, empregando o soporte axeitado, conforme a norma establecida.
* Observación dos materiais e equipos empregados co fin de detectar e resolver, se é o caso, as anomalías de funcionamento, ou comunicalas a quen proceda.

8.Fomentar hábitos saudables entre os clientes/usuarios dos establecementos de farmacia.* Explicación ó cliente/usuario das normas básicas sobre a hixiene persoal e da profilaxe das enfermidades infecciosas.
* Información ó cliente/usuario sobre os prexuízos para a saúde de hábitos nocivos como o consumo de tabaco, alcohol e estupefacientes, sedentarismo, etc..
* Información ó cliente/usuario sobre os riscos derivados da automedicación.

9.Cumpri-las actividades asignadas e relacionadas co traballo que se realiza con responsabilidade e deontoloxía profesional, demostrando unha actitude de superación e respecto.* Traballo en equipo, cando sexa necesario, cooperando, respectando e valorando o traballo das demais persoas.

* Actitude participativa, interesándose por aprender e ter iniciativa en relación co traballo encomendado.

* Dilixencia na comunicación ó farmacéutico de tódalas incidencias que se poidan dar na oficina de farmacia.
* Cumprimento das normas legais aplicadas á custodia de medicamentos e documentación da oficina de farmacia.
* Actuación serena e dilixente ante incidentes e causas de forza maior, aplicando os criterios e as medidas de seguridade establecidos.
* Actitude de respecto ós procedementos, normas e criterios establecidos polo farmacéutico responsable.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

* Analiza-las actuacións a seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Analiza-la evolución socioeconómica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade, tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e as obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e as actividades complementarias deste.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso da busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de consciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado:

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de farmacia:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Procedementos administrativos e de control de existencias en establecementos de farmaciaProcesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicosProfesor de ensino secundario

2Dispensación e venda de productos farmacéuticos e parafarmacéuticosProcedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésicaProfesor técnico de FP

3Elaboración de preparacións farmacéuticas e parafarmacéuticas en establecementos de farmaciaProcedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésica

Laboratorio

Profesor técnico de FP

Profesor técnico de FP

4Realización de análises clínicas elementais baixo a supervisión do facultativoProcedementos de diagnóstico clínico e ortoprotésica

Laboratorio

Profesor técnico de FP

Profesor técnico de FP

5Promoción da saúde e apoio psicolóxico ás persoasProcesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicosProfesor de ensino secundario

6Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

4.1.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

BioloxíaProcesos diagnósticos clínicos e productos ortoprotésicosProfesor de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.2. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de farmacia require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Laboratorio de análises90 m60 m50%

Aula polivalente60 m40 m50%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio previsto para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante cerramentos.

4.3. Validacións e correspondencias:

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Procedementos administrativos e de control de existencias en establecementos de farmacia.

* Dispensación e venda de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos.

* Realización de análises clínicas elementais baixo a supervisión do facultativo.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Procedementos administrativos e de control de existencias en establecementos de farmacia.

* Dispensación e venda de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos.

* Elaboración de preparacións farmacéuticas e parafarmacéuticas en establecementos de formación.

* Realización de análises clínicas elementais baixo a supervisión do facultativo.

* Formación e orientación laboral.

* Formación en centros de traballo.

4.4. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

55Procedementos administrativos e de control de existencias en establecementos de farmacia

290Dispensación e venda de productos farmacéuticos e parafarmacéuticos

215Elaboración de preparacións farmacéuticas e parafarmacéuticas en establecementos de farmacia

160Realización de análises clínicas elementais baixo a supervisión do facultativo

130Promoción da saúde e apoio psicolóxico ás persoas

55Formación e orientación laboral

4º trimestre

340Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 55, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.