Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.299

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 12 abril de 2000, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre as constitucións, modificacións, disolucións e baixas provisionais das Sociedades Agrarias de Transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas á Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura, do 29 de abril de 1988, inscritas no Rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións, disolucións e baixas provisionais que se citan.

Constitución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Xan SAT nº 1048 Xuga, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Couxela-Ribadeo (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 300.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Fariñeiro SAT nº 1049 Xuga, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Vilausende, nº 4-Ribadeo (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 300.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Pardeiro SAT nº 1050 Xuga, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Remourelle-Ribadeo (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 150.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Rico SAT nº 1051 Xuga, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo no Lousadal, nº 1 Álvare-A Pastoriza (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 300.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Cabo da Vila SAT nº 1052 Xuga, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo na Veiga do Pumar-Castro de Rei (Lugo); obxecto social: a explotación dunha gandería de vacún de leite; capital social: 400.000 pesetas; nº de socios: 4.

A Sociedade Agraria de Transformación Sarega SAT nº 1053 Xuga, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Lamas

de Pacios-Baralla (Lugo); obxecto social: a explotación en común de terras e gando; capital social: 1.500.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Viñedos Capilla de San Antón SAT nº 1054 Xuga, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo na Xesteira-Vilariño-Cambados (Pontevedra); obxecto social: producción e cultivo de uva albariña; capital social: 6.000.000 de pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Quinto SAT nº 1055 Xuga, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Viladomonte-Cumbraos, nº 3-Sobrado (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 21.000.000 de pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Casa de Bello SAT nº 1056 Xuga, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Lg. Boado-Mesía (A Coruña); obxecto social: producción gandeira; capital social: 21.900.000 pesetas; nº de socios: 3.

Modificación de:

A Sociedade Agraria de Transformación El Carpazal SAT nº 566 Xuga, na asemblea xeral do 24 de marzo de 2000, acordan por unanimidade:

1. A alta dun socio e a baixa doutro sen variación do capital social.

2. Elección de nova xunta rectora, que queda integrada por Manuel Puga Correa: presidente; Josefa Montero Senra: secretaria e Carmen Correa Álvarez: vocal.

A Sociedade Agraria de Transformación Portoganoy SAT nº 468 Xuga, na asemblea xeral extraordinaria do 25 de novembro de 1998, acordan por maioría renova-la xunta rectora, que queda integrada por Antonio Vázquez López: presidente; Manuel Vázquez López: secretario e Carmen López Loyo: vocal.

A Sociedade Agraria de Transformación Tambre SAT nº 753 Xuga, na asemblea xeral do 23 de outubro de 1999, acordan por unanimidade:

A baixa dun socio e a alta doutro socio, que participa adquirindo os xustificantes do socio dado de baixa, sen se producir variación no capital social.

A Sociedade Agraria de Transformación Aspoflor SAT nº 791 Xuga, na asemblea xeral do 1 de febreiro de 2000, acordan aprobar por unanimidade:

1. A baixa dun socio e alta doutro socio, sen variación no capital social.

2. A renovación da xunta rectora que queda integrada por José Manuel Vilar Andrade: presidente; Antonio Calveiro Curros: secretario; Francisca Orosa García, Carmen González Lugo e María Pilar Pérez Carballo: vocais.

A Sociedade Agraria de Transformación Celtigos SAT nº 4096, na asemblea xeral do 21 de febreiro de 2000, acordan por unanimidade:

1. A alta de catro novos socios e a baixa voluntaria de dous socios, ós que se lles liquida a participación

producíndose un aumento do capital social, que pasa de 3.138.000 ptas. a un definitivo capital social de 4.707.000 ptas. en 6 xustificantes de 784.500 ptas, cada un.

2. A elección de nova xunta rectora, que queda integrada por José Antonio Suárez Mosquera: presidente; José Antonio Suárez Sánchez: secretario; Mª José Pardo Aller, Mª Carmen Cao Botana, Mª Sánchez Mosquera e Dosinda Mosquera Sánchez: vocais.

Disolución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Arzúa Ganadera SAT nº 557 Xuga, na asemblea xeral do 30 de novembro de 1999, acordan por maioría a súa disolución, nomeando os socios liquidadores.

Baixa provisional:

A Sociedade Agraria de Transformación Granja Salgueiro SAT nº 586, por mandamento do 23 de novembro de 1999, da Delegación da Axencia Estatal da Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no índice das entidades.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2000.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación