Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.298

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto chamado L.M.T.-C.T.-R.B.T. San Román-Priegue (concello de Nigrán), a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente 93/1999 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 28 de febreiro de 2000 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do sector eléctrico), fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia que o día 24 de maio de 2000, a partir das 10 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Nigrán, sinalados cos números:

Predios: 1-8.

Hora: 10.

Día: 24-5-2000.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados do seu perito ou por un notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 10 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 99/93 A.T.Provincia: Pontevedra

L.M.T.-C.T.-R.B.T. San Román-PriegueTermo municipal: Nigrán

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

1PampillónMonte altoVicente Lago GilRúa da Pirica, Camos, 1,

36360 Nigrán

1225400

2PampillónMonte altoPedro Telmo Rodríguez GonzálezOtero Pedrayo, 35

36350 Nigrán

47752

3PampillónMonte altoHros. Jaime González PenasTelleiras-Priegue, s/n

36391 Nigrán

2147685

4CastiñeiroLabradío Carmen Hermida HermidaMamoa-Priegue, s/n

36391 Nigrán

21150

6CastiñeiroMonte altoDorindo Sanromán CastroMamoa-Priegue, 8

36391 Nigrán

24364

8Pasto GrandePradoManuela González PenasCameselle-A Ramallosa, s/n

36391 Nigrán

3253318

1ABaleazasMonte baixoCarmen Soto HermidaAvda. Val Miñor, 20

36350 Nigrán

330