Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se inicia o expediente de substitución e modificación de concesións de servico público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, de 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, Decreto 302/1988 do 3 de novembreo, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia e artigos 77 e seguintes do regulamento de execución da Lei citada, aprobado polo Real decreto 1211/1999, do 28 de setembro, iníciase o expediente de substitución e modificación da concesión de servicio público regular permanente de uso xeral

de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indica:

* V-108; XG-061, Friol- Lugo - Gude, con anexos da titularidade da empresa Autobuses Urbanos de Lugo, S.A.

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Lugo (Edf. Ativos. Ronda da Muralla, 70), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes