Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 08 de maio de 2000 Páx. 7.230

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 98/2000, do 27 de abril, polo que se lle recoñece a galeguidade á Asociación Hijos de Zas, de Buenos Aires (Arxentina).

En vitude do establecido no artigo 3 do Decreto 3/1987, do 8 de xaneiro, publicado no DOG nº 12, do 20 de xaneiro, que desenvolve regulamentariamente a Lei 4/1983, do 15 de xuño, de recoñecemento da galeguidade, por proposta do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, logo do informe favorable da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas e logo de deliberación do Concello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintesete de abril de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo único.-Recoñécese a galeguidade á Asociación Hijos de Zas, de Buenos Aires (Arxentina).

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vintesete de abril de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública