Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

BASES específicas da convocatoria para a provisión, en propiedade, de 2 prazas de gardas da policía local.

1. Número, denominación e características.

Duas prazas encadradas na escala de Administracion especial, subescala de servicios especiais, clase policía local, pertencentes o grupo D.

2. Sistema de provisión.

Oposición en quenda libre.

3. Requisitos dos aspirantes.

Para ser admitido á realización destas probas, os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español.

b) Ter cumpridos 18 anos e non pasar dos 30 anos.

c) Estar en posesión do título de graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente.

d) Ser titular dos permisos de conducir A e B.

e) A altura mínima esixida será de 1,70 m para os aspirantes masculinos e de 1,65 m para os aspirantes femininos.

f) Acredita-la aptitude física coa presentación dun certificado médico, no que se faga constar expresamente que o aspirante reúne as condicións físicas que figuran especificadas na correspondente proba de oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicta no certificado médico.

g) Presentar unha declaración xurada e por escrito do seu compromiso a portar armas, se é o caso, chegar a utilizalas.

h) Non estar inhabilitado para o exercicio das funcións públicas, nin separado dos servicios das Administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme.

Todos estes requisitos deberán ser referidos á data da presentación das instancias no prazo da convocatoria correspondente.

4. Solicitudes.

4.1. Prazo de presentación de instancias.

Aqueles que dexesen tomar parte nas probas selectivas deberán facelo constar na instancia que será facilitada no rexistro xeral do concello. As instancias dirixiranse ó alcalde-presidente do Concello de Sada, presentándose no rexistro xeral deste, durante o prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto de anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado. A convocatoria publicarase tamén no Diario Oficial de Galicia e no BOP de conformidade coa lexislación vixente na materia. As solicitudes poderán remitirse tamén no xeito que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Nas instancias farase constar necesariamente de xeito expreso que o solicitante reúne todos e cada un dos requisitos de capacidade esixidos para tomar parte nestas probas selectivas.

4.2. Documentación.

A instancia acompañarase inescusablemente de:

1. Fotocopia do DNI.

2. Carta de pagamento acreditativa do aboamento do importe dos dereitos de exame, ou ben resgardo de xiro postal ou telegráfico do seu aboamento, agás os exonerados de acordo con estas bases.

3. Fotocopia compulsada da titulación esixida (base 3ª).

4. Fotocopia compulsada dos permisos de conducir que se esixen (base 3ª).

5. Certificado médico esixido (base 3ª).

6. Declaración xurada de compromiso de portar armas, e se é o caso, chegar a utilizalas (base 3ª).

5. Dereitos de exame.

Serán de 1000 ptas., quedando exonerados do seu aboamento quen acredite, mediante certificado de Inem, encontrarse na situación de desemprego.

6. Admisión de aspirantes.

Expirado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución pola que se declarará aprobada a lista de admitidos/as e excluídos/as, con indicación do prazo de emenda que se concede ós aspirantes excluídos/as, determinando, así mesmo, lugar e data de comezo dos exercicios e composición do tribunal.

A devandita resolución publicarase no BOP e expoñerase no taboleiro de edictos da casa do concello, e data de publicación no BOP será determinante dos prazos para efectos de posible impugnación e interposición dos recursos que procedan de acordo coa lexislación vixente.

7. Tribunal cualificador.

Estará constituído por:

Presidente: o alcalde ou concelleiro en quen delegue.

Secretario: o do concello ou quen legalmente o substitúa.

Vocais:

-Un ou unha representante da Xunta de Galicia designado pola consellería competente a proposta da Academia Galega de Seguridade, de entre os profesionais da policía local de Galicia.

-Un ou unha funcionario/a de carreira designado/a pola alcaldía.

-O concelleiro delegado de tráfico.

-Un ou unha representante de persoal do sindicato máis representativo do concello.

Nomearase así mesmo suplentes. O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de maís da mitade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

8. Probas selectivas.

-Primeiro exercicio.

De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na mediación dos aspirantes e, comprobada a estatura mínima exisida e examinados os certificados médicos presentados, a realización das probas de:

a) Carreira de 100 m, nun tempo máximo de 15 segundos para os aspirantes masculinos e de 17 segundos para os aspirantes femininos.

b) Salto de lonxitude con carreira, cun mínimo de 3 m para os aspirantes masculinos e de 2,80 m para os aspirantes femininos.

c) Salto de lonxitude sen carreira, cun mínimo de 2 m para os aspirantes masculinos e de 1,80 m para os aspirantes femininos.

d) Salvo vertical de 45 cm os aspirantes masculinos e 40 cm os aspirantes femininos.

Para a realización destas probas, agás a de carreira, permitiranse dous intentos.

A clasificación deste exercicio será de apto ou non apto. Serán declarados non aptos os aspirantes que non superen calquera das probas que o compoñen.

-Segundo exercicio.

De carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá nunha proba de tipo práctico de regulación do tráfico.

-Terceiro exercicio.

De carácter obrigatorio, eliminatorio e escrito. Terá dúas partes:

1ª. Contestar un cuestionario relacionado coa toponimia, vías de comunicación, edificios públicos e datos de todo tipo do termo municipal de Sada.

2ª. Redacción dun suposto práctico relacionado coa función especifica da policía local.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de dúas horas.

-Cuarto exercicio.

De carácter obrigatorio, eliminatorio e escrito. Consistirá en contestar unha batería de 50 preguntas curtas, referidas ós temas do programa anexo nesta convocatoria.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será de dúas horas.

-Quinto exercicio.

De carácter obrigatorio e escrito. Consistirá na traducción do castelán ó galego dun texto que sinale o tribunal nun tempo máximo de 30 minutos.

9. Cualificación das probas.

Os exercicios obrigatorios, excepto o quinto, serán cualificados de 0 a 10 puntos, tendo que obter cada aspirante un mínimo de 5 puntos en cada un deles para acceder á seguinte proba. O quinto exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos.

10. Comezo das probas selectivas.

Non se poderá comezar ata transcorridos dous meses desde a data de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio nun único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza, agás nos casos debidamente xustificados libremente apreciados polo tribunal. As razóns e probas xustificativas formularanse dentro das 24 horas seguintes á celebración do exercicio ó que non compareceran e, de ser apreciados polo tribunal, causarían a suspensión inmediata dos exercicios pendentes ata que non fora examinado do anterior exercicio o aspirante interesado.

A orde de actuación dos aspirantes iniciarase segundo o resultado do sorteo previamente realizado.

Unha vez comezadas as probas selectivas non será obrigatoria a publicación da celebración dos sucesivos exercicios no BOP, senón que será suficiente coa súa exposición no taboleiro de anuncios da casa do concello, onde se expoñerán tamén as cualificacións dos aspirantes en cada unha das probas.

11. Relación de aprobados, presentación de documentos e nomeamento.

A puntuación obtida polos aspirantes será a media das puntuacións das probas. Unha vez finalizadas as probas o tribunal proporá os dous aspirantes de maior puntuación, elevando ó presidente do concello a oportuna proposta para o seu nomeamento.

Unha vez presentada a documentación, os aspirantes propostos polo tribunal serán nomeados funcionarios en prácticas debendo realiza-lo curso obrigatorio de formación teórico-práctico na Academia Galega de Seguridade.

O nomeamento como funcionarios de carreira producirase unha vez superado o curso de formación citado.

Sada, 26 de abril de 2000.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde

ANEXO

Temario

Primeira parte:

Tema 1. A Constitución española de 1978. Valores que a inspiran. Principios xerais da nosa constitución.

Tema 2. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. Garantía dos dereitos e suspensión deles.

Tema 3. A Coroa. O poder lexislativo. O Goberno e a Administración do Estado. O poder xudicial. Relacións entre os distintos poderes.

Tema 4. O Tribunal Constitucional. Organización e funcións. O Defensor do Pobo. A reforma da Constitución.

Tema 5. Organización territorial do Estado. Os estatutos de autonomía de Galicia.

Tema 6. Réxime local español. Principios constitucionais e regulamentación xurídica. O municipio. Organización municipal. Competencias.

Tema 7. Estructura e organización do concello.

Tema 8. Ordenanzas e regulamentos municipais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 9. Intervención administrativa na actividade privada. Medios de exercela. Servicios públicos municipais.

Tema 10. Os funcionarios públicos. Concepto e clases. Funcionarios civís do Estado na Lei 30/1984. Incompatibilidades e réxime disciplinario.

Tema 11. A función pública local. Concepto e clases. Características da función pública local. Dereitos de deberes dos funcionarios públicos locais.

Segunda parte:

Tema 1. Organización e funcións das forzas e corpos de seguridade en España. Especial referencia á policía local.

Tema 2. Competencia da policía municipal en canto a policía xudicial, administrativa e de seguridade. Referencia á lexislación vixente (Constitución, Lei orgánica de forzas e corpos de seguridade, Lei orgánica do poder xudicial, Lei de axuizamento criminal, Lei de réxime local, Código Penal...).

Tema 3. Facultades do alcalde na seguridade cidadá.

Tema 4. O termo municipal de Sada. Límites con outros municipios, centro, dependencias e edificios públicos.

Tema 5. Organismos oficiais que interveñen na materia de circulación: a policía de circulación. Facultades do alcalde na materia de circulación.

Tema 6. A Lei de tráfico. Circulación de vehículos a motor e seguridade vial. Estructura e contido.

Tema 7. Normas xerais de circulación: disposicións xerais. Sentido de circulación. Parada, posta en marcha e marcha atrás. Preferencia de paso.

Tema 8. Normas xerais de circulación: vías en reparación. Parada, estacionamento. Carga e descarga.

Tema 9. Circulación urbana: normas xerais de circulación. Detención e estacionamento. Carga e descarga. Sinalización.

Tema 10. Circulación de peóns, bicicletas e ciclomotores: normas xerais de circulación, circulación de animais e vehículos de tracción animal.

Tema 11. Circulación de automóbiles. Clasificación. Requisitos administrativos e técnicos. Servicios públicos de viaxeiros. Circulación de tractores agrícolas.

Tema 12. Luz de sinalización óptica de vehículos: clasificación, descrición e utilización.

Tema 13. Permisos de conducción: concepto e clases. Facultades que confiren. Licencias de conducción.

Tema 14. Denuncias por infraccións en materia de circulación: a infracción e a súas clases. Procedemento sancionador: iniciación, desenvolvemento e terminación. Retirada dos vehículos da vía pública. Retirada do permiso de conducción.

Tema 15. Sinais de circulación: concepto e características. Clases: verticais, horizontais e luminosas.

Tema 16. Accidente de tráfico. Concepto e clases. Actuación inmediata e actividades administrativas.

Tema 17. Tráfico e policía municipal: organización e misións. Servicios que hai que realizar: regulación do tráfico, denuncia de infraccións e investigación do accidente.