Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, na súa sesión do 10 de abril de 2000, o proxecto de urbanización da Beira do Maceiras, nas Cardosas-Redondela, presentado por Mark Anthoni Taboada, en representación de Promociones Baspor 98, S.L., e redactado polo arquitecto Arturo Dapena Barros, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedando o expediente á disposición de quen queira examinalo e deducir alegacións.

Redondela, 19 de abril de 2000.

Xosé Carlos Pazos Docampo

Alcalde accidental