Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-360).

Por resolución nº 1759/2000, con data do 6 de abril de 2000, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de urbanización do polígono I do Plan parcial As Galeras, en Bastiagueiro-Liáns, tramitado pola xunta de compensación do citado polígono.

Acordouse, así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de Urbanismo, das 9 ás 13 horas, tódolos días laborables, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 13 de abril de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta