Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 23 de marzo de 2000 pola que se recoñece unha escola de navegación de lecer.

A Orde do 31 de xullo de 1998 desta consellería (DOG nº 164, do 25 de agosto), establece o mecanismo para o recoñecemento das escolas de navegación de lecer.

Solicitado o dito recoñecemento por un centro, logo de cumprido o procedemento establecido, cómpre recoñecelo e realiza-la súa inscrición.

Polo exposto,

RESOLVE:

Artigo 1º

Recoñecer como escola de navegación de lecer nas categorías que correspondan o seguinte centro:

Escola Básica de Navegación de Lecer (ENAL Básica).

-Club del Mar de Vilagarcía de Arousa, NIF G-36025997, sito na localidade de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), e coa mesma denominación comercial, inscrita co nº XGEN012.

Artigo 2º

Inscribi-la citada escola no Rexistro de Escolas de Navegación de Lecer da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2000.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura