Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 05 de maio de 2000 Páx. 7.207

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/287-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Electra de Santa Comba.

Domicilio social: r/ A. Tomé, 130, 15840 Santa Comba.

Denominación: L.M.T. a 20 kV Francos-Bouza.

Situación: A Baña e Santa Comba.

Descricións técnicas: reforma da L.M.T. a 20 kV con orixe na L.M.T. Unión Eléctrica-Fenosa en Francos e final na L.M.T. Electra de Santa Comba (expediente 27949) no lugar de Bouza, de 3.283 m de lonxitude en conductor LA-110 e apoios de formigón. Concellos afectados A Baña e Santa Comba.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 4 de abril de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña