Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Leiro-Casal.
Situación: Miño.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 16 m de lonxitude, con orixe na liña nº 5 das que saen da subestación do Pedrido e final no C.T. Leiro-Casal, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, sobre apoio de formigón, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Leiro-Casal, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e con conductor R.Z. de 412 m de lonxitude discorrendo polo lugar. Miño.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 31 de marzo de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña