Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Médico Durán-Inés de Castro-W. Fdez. Flórez.
Situación: A Coruña.
Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 245 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm Al que parte do C.T. Médico Durán, pasando polo C.T. Inés de Castro e final no C.T. W. Fernández Flórez. Concello da Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 31 de marzo de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña