1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Vimianzo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Número de expediente: 02/2000.
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: construcción da rede de sumidoiros en Cures e Mouzo.
b) Lugar de execución: Cures e Mouzo.
c) Prazo de execución: sete meses.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento de licitación:
-Vinte millóns (20.000.000) de pesetas.
- Cento vinte mil douscentos dous con corenta e dous (120.202,42) euros.
5. Garantías.
a) Provisional: non se esixe.
b) Definitiva: 4% sobre o importe de adxudicación.
6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Vimianzo.
b) Enderezo: praza do Concello, nº 6.
c) Localidade e código postal: Vimianzo 15129.
d) Teléfono: 981 71 60 01-981 71 60 26.
e) Fax: 981 71 66 50.
f) Data límite para obter documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación: grupo E), subgrupo 1, categoría b).
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: rematará ós vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da data de publicación deste anuncio no BOP ou DOG, segundo sexa o último publicado.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula 12ª do prego de condicións.
c) Lugar de presentación:
. Entidade: Concello de Vimianzo.
. Enderezo: praza do Concello, nº 6.
. Localidade e código postal: Vimianzo 15129.
d) Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: dous meses contados desde o seguinte ó da apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Vimianzo.
b) Enderezo: praza do Concello, nº 6.
c) Localidade: Vimianzo.
d) Data: o primeiro martes hábil seguinte ó remate do prazo de presentación de proposicións.
e) Hora: ás 12 horas.
10. Outras informacións.
Ningunha.
11. Gastos de anuncios.
Os gastos dos anuncios, así como os de formalización de fianzas e contratos serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.
Vimianzo, 24 de abril de 2000.
Alejandro Rodríguez Lema
Alcalde