Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 2000 Páx. 7.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO de licitación de concurso con procedemento aberto.

1. Proxecto: pavimentación de vías en Cespón.

2. Tipo de licitación: 6.062.769 ptas.

3. Aplicación orzamentaria: 511.601.02.

4. Prazo de execución: 4 meses.

5. Clasificación: non se esixe.

6-7. Lugar e prazo de presentación de ofertas: no rexistro xeral do Concello de Boiro, durante o prazo de 26 días naturais a partir da publicación deste anuncio no BOP ou no DOG, das 9 ás 13 horas.

8. Garantía provisional: non se esixe.

9. Garantía definitiva: 242.111 ptas.

10. Taxas do contrato: non.

11. Revisión de prezos: non procede.

12. Control de calidade: esixible.

13. Criterios de ponderación de ofertas: opción A.

14. Apertura de propostas: terá lugar na casa do concello ás dez horas do quinto día natural contado desde o seguinte a aquel en que finalice o prazo

de presentación de ofertas. No suposto de que coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

Modelo de proposición.

D.... con domicilio en... rúa..., nº..., teléfono... con DNI (pasaporte o documento que o substitúa)..., actuando en nome propio/ou en representación de..., DNI ou CIF nº... e con domicilio no lugar..., teléfono..., toma parte no concurso, con procedemento aberto, para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de... e para eses efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... ptas. (IVE incluído), que significa unha baixa de... ptas. en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións.

3. Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En ... o ... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado).

Modelo de sobre A «Oferta económica»:

Modelo sobre B «Personalidade xurídica e xustificantes»:

Modelo sobre C «Referencias técnicas»:

Proposición para tomar parte na contratación das obras..., presentada por...

En ... o ... de ... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado).

Expediente: o expediente, proxecto e prego de condicións atópanse á disposición dos interesados nas oficinas municipais durante o prazo e horas de presentación de proposicións.

Boiro, 31 de marzo de 2000.

O alcalde

Rubricado