Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Xoves, 04 de maio de 2000 Páx. 7.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO (expediente 406/2000).

Por Resolución do 1 de marzo de 2000, a Universidade de Santiago de Compostela convocou por concurso público, procedemento aberto, trámite urxente, a contratación do expediente 406/2000 para a adaptación e mellora da Escola Universitaria de Maxisterio de Lugo. A Federación Galega da Construcción presentou un recurso en relación coa clasificación esixida para a devandita obra, polo que a mesa de contratación decidiu non abri-las plicas do citado expediente.

Por Resolución do 25 de abril estimouse parcialmente o antedito recurso. Procede, en consecuencia, por esta resolución rectoral anunciar a concurso público, procedemento aberto, trámite urxente a contratación do seguinte expediente:

Obras:

Expediente nº: 406/2000.

Obxecto: adaptación e mellora da Escola Universitaria de Maxisterio de Lugo.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 74.764.390 pesetas, IVE incluído.

Garantía provisional: 1.495.288 pesetas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación:

Grupo C, subgrupo 6, categoría C.

Grupo K, subgrupo 4, categoría C.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Número dos expedientes: os arriba indicados.

2. Obxecto dos contratos:

a) Descrición dos obxectos: os arriba indicados para cada expediente.

b) Número de unidades que se van entregar: as especificadas nos pregos de cláusulas.

c) Lugar de execución: Lugo.

d) Prazos de execución: os mencionados para cada expediente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamentos de licitación:

Importes totais: os indicados anteriormente.

5. Garantías:

Provisionais: as citadas en cada expediente.

6. Obtención de documentación: a documentación para participar nos concursos poderá ser consultada ou retirada na copistería Copynino, Xeneral Pardiñas, 2 (Galerías), Santiago de Compostela (teléfono: 981 58 89 38) ou na copistería Unicopia, Facultade de Veterinaria, Pavillón de Aulas, Campus Universitario de Lugo (teléfono: 982 25 23 03, Ext.: 22475).

Obtención de información:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Servicio de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 57 25 00.

e) Fax: 981 57 13 10.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos dos contratistas:

a) Clasificación: a indicada en cada expediente.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, rectorado, rexistro xeral.

Domicilio: praza do Obradoiro, s/n.

Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

Domicilio: servicios centrais do Campus de Lugo (edificio Biblioteca Intercentros).

Localidade e código postal: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses.

e) Admisión de variantes: admítense ata tres variantes.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: a mesa de contratación reunirase o terceiro día seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este día fose inhábil ou coincidise en sábado, reunirase o seguinte día hábil.

e) Hora: 13 horas.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2000.

P.D. (Resolución 1-2-2000)

Manuel Castro Cotón

Vicerrector de Asuntos Económicos da

Universidade de Santiago de Compostela